Gangs of Torrelodones. Por @DulceCorcu

Martin Scorsese se fose español tería servida unha película de pandilleiros, delincuentes e corruptos políticos parecida a que reflicte na protagonizada polo espléndido Daniel Day-Lewis. Gangs of New York retrata unha época onde o poder sempre se abría paso coma fose, sen escrúpulos nin, por suposto, respectar aos contrincantes nin someterse aos ditados de outras leises que non fosen as ditadas por eles mesmos. Torrelodones non é América, pero ben podería ser Sicilia, porque certa política que se vén practicando en España e, incluso, certa xustiza que se vén impartindo, adoitan as mesmas formas do que viamos nas películas de Scorsese. 

O concelleiro do PP en Torrelodones Ángel Viñas, podería ser protagonista do seu propio “La que se avecina”, despois de ser gravado ameazando á alcaldesa dese municipio Elena Biurrun (Vecinos por Torrelodones), para que non se moleste en presentarse ás vindeiras elecións, non vaia ser que as gañe e lles faga a eles facer campaña para nada. Despois de todo, só queren a silla na que se senta, e sería de parvos poñerse en leas cando ela pode dicir que “xa se ía”, coma lle suxire o señor Viñas literalmente. Do contrario, elevarán unha denuncia por un asunto de obras, concesións e sobrecustes, algo no que o PP é materia acreditada. Iso a nivel político como oposición, pero non descartan o dano “persoal” que, quizais estando en España e non nas rúas de Nova York, na vez dunha cabeza de cabalo na almofada, quizais opten por unha de toro, que é máis autóctono e co que se identifican mellor. O concelleiro Viñas é consciente de que a alcaldesa non ten motivo ningún para liscar e deixarlle o posto, pois nin sequera se corrompeu neste tempo de xestión, cousa que el non asegura nin moito menos do seu partido, tan afeito a metela man onde tintineen moedas ou se ensobren billetes. E total, coma é de dominio público, para que agochalo nin avergonzarse dese proceder. Ao contrario, esas teimas da Democracia saen caras e non garantizan que acabes engordando o peto nin recalificando terreos por inxentes comisións ou favores doutro tipo. No Partido Popular xa tomaron medidas drásticas, que consistiron nunha amoestación a Ángel Viñas en plan “a próxima asegúrate de que non te pillan, paspán”.
De tódolos xeitos, se esa actuación tivese percorrido xudicial, aí está parte da xudicatura deste país para sacarlles as castañas do lume ou apartar a todo aquel que ande a facer xustiza en sentido estricto da palabra, coma José Ricardo de Prada, executor da sentenza da Gürtel a quen lle aplicaron despois o de “o que foi a Sevilla perdeu a silla”, tras formar parte dun tribunal internacional e ao que agora impiden reincorporarse ao seu posto na Audiencia Nacional para que non desequilibre a balanza dos “si, gwana” a Lesmes e compañía. Non hai máis que ler os chats das súas señorías, sobre todo no referente ao conflito catalán, onde comparan o “procés” co nazismo con absoluta naturalidade, para despois falar de vinganzas e guerras coma se mesmo aínda estivesemos en 1714. E sen aforrar críticas a esas asociacións de xuíces e xuízas que levan as mans a cabeza con algunhas medidas dos seus colegas. Que a verdadeira Lei e a de Dios e o Rey, ao cal tampouco lle aforran vivas. Da para pensar que, a día de hoxe a mellor inversión xa non é un plan de pensións, senón unha conta de aforro internacional coa que poder exiliarte se tes a desgraza de caer nas mans da Xustiza española de alto standing. Esa que é elixida e colocada a dedo por políticos coma o señor Ángel Viñas. Deses polvos….necesariamente estes lodazales.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.