Lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario de 38 prazas de policía local

O DOG publica hoxe a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario de 38 prazas de policía local convocadas pola Xunta de Galicia. Un total de 423 persoas presentaron a súa solicitude para formar parte do proceso selectivo e obter unha das 38 prazas ofertadas para traballar en  23 concellos galegos.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal .As persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir de mañá, para corrixir, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega. Dispoñen do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a súa solicitude no proceso, non consten nin como admitidas nin excluídas nas listaxes publicadas.

Trátase do primeiro proceso unitario que se leva a cabo na nosa comunidade , tras un acordo entre a Vicepresidencia e a FEGAMP, que se trasladou na publicación do Decreto 115/2017 o pasado novembro, e que conlevou ata o de agora que 52 concellos se adherisen a estas convocatorias unificadas, o que supón mais do 40 % dos concellos con policía local. A Agasp en virtude deste decreto, xa levou a cabo este ano o proceso selectivo para a cobertura de 109 prazas de auxiliar de policía local, que xa están a traballar nos concellos solicitantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.