Veira: “No seu momento dixemos que o Concello tiña que ter aplicado as bases que rexeron o concurso de compra de vivendas xa que o deseñou él mesmo e que ao mercar dúas vivendas que incumprían as bases estaban vulnerando a libre concorrencia, agora o Consultivo confirma o que argumentaba o BNG”

As nacionalistas lembran os seus titulares nas notas de prensa como a enviada o 20 de febreiro: Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia

O Grupo Municipal do BNG, a respecto da resolución do Consello Consultivo a respecto do concurso de compra de vivenda para aluguer social, sinala que agora o Consultivo confirma o que argumentaban as nacionalistas e é que o Concello tiña que ter aplicado as bases que rexeron o concurso de compra de vivendas xa que o deseñou el mesmo e que ao mercar dúas vivendas que incumprían as bases estaban vulnerando a libre concorrencia.

O BNG lembra os seus titulares nas notas de prensa, como por exemplo a enviada o 20 de febreiro (envíase anexa): cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia.

Na devandita nota, tamén anunciaban desde a formación nacionalista que na sesión extraordinaria da Comisión de Rexeneración Urbana que terá lugar o 21 de febreiro proporía que se revisase todo o proceso do concurso de compra de vivendas aplicándose axeitadamente as bases que o rexeron. Para o Bloque, foi esa revisión a que deu lugar a que logo o Goberno levase a Xunta de Goberno Local a proposta de elevar ao Consultivo a compra da vivenda da rúa Barreira e a da rúa Joaquín Martín Martínez.

Para o Bloque, é moi grave que na altura en que se produciu a polémica o concelleiro responsábel de Contratación o Sr. Lema afirmase que era mentira que se vulnerase a libre concorrencia cando hoxe o Consultivo sinala exactamente o contrario.

“O responsábel de contratación debía coñecer que cando se aplican laxamente unhas bases estase vulnerando a libre concorrencia e que cando nos procesos de valoración se aceptan condicións non recollidas nas bases estase vulnerando tamén ese principio, xa que, tal e como sinala o Consello Consultivo, calquera propietario dun inmóbel que renunciase á presentación de ofertas porque a súa propiedade non reúne os requisitos estabelecidos, podería considerarse afectado por interpretacións extensivas que permiten acceder á venda a quen non cumpre as bases”, apunta a concelleira nacionalista Avia Veira que tamén se pregunta se logo de todas as afirmacións, e de todas as veces que o Goberno local se dixo e se desdixo sobre este asunto, é xusto que unicamente asuma responsabilidades e dimita a xefa de rehabilitación e vivenda.

Asemade, as nacionalistas O BNG laméntase de que a Marea Atlántica non fose coidadosa con este concurso de compra pública de vivenda para aluguer social para garantir o seu éxito, sendo supostamente unha política chave do Goberno Municipal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno + cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.