“Vive o deporte, desfruta do baloncesto nas nosas parroquias costeiras”

A Escola Basket Xiria inicia a pretempada dos equipos da EBX preto de ti! 

-A Escola Basket Xiria (EBX) organiza a 2ª Edición deste evento de carácter lúdico, deportivo e social en pistas deportivas ó aire libre situadas en diferentes parroquias do Concello de Carballo, facendo este ano unha parada nas nosas parroquias costeiras e convidando as súas parroquias veciñas a participar na actividade.

Datas: NOICELA- SABADO 15 SETEMBRO – Ás 11 horas   (pistas deportivas de Imende) – EQUIPOS EBX CADETE FEMENINO E MASCULINO  Parroquias veciñas convidadas: Noicela, Vilela, Rebordelos .

RAZO – SABADO 22 SETEMBRO – Ás 11 horas (pistas deportivas Praia de Razo – Pavillón colexio de Razo,  se chove) – EQUIPOS EBX INFANTIL FEMININO E MASCULINO Parroquias veciñas convidadas: Razo, Lema, Oza.

 

Convidamos a tódol@s veciñ@s a asistir a estas xornadas lúdico-deportivas de basket! Os nenos e nenas asistentes poderán xogar e participar cos nosos equipos! Haberá concursos e sorteos para nen@s e maiores!

-COLABORA: -CONCELLO DE CARBALLO -CARBALLO DEPORTE -CONSELLOS PARROQUIAIS E REPRESENTANTES VECIÑAIS de Noicela, Lema, Vilela, Rebordelos, Razo, Oza. -DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Con esta actividade a EBX pretende achegar o deporte do baloncesto ós veciños e veciñas de diferentes parroquias empregando pistas deportivas ubicadas na súa contorna ó aire libre, cun evento de carácter lúdico, deportivo e social, onde participarán os nosos equipos infantís e cadetes, tanto femininos como masculinos, que están a iniciar a súa pretempada neste mes de setembro. Todas as persoas asistentes maiores e máis novos poderán desfrutar e participar de xeito activo neste evento.

Por outra banda a EBX pretende fomentar e difundir a práctica deportiva e os hábitos de vida saudable entre os veciños residentes en diferentes lugares de Carballo.

Ademais con esta actividade poñemos en valor os recursos existentes no noso municipio que se atopan fora do núcleo urbano, e asemade é unha forma de achegalos os nosos xogadores, xogadoras e familias e fomentar o contacto e relación de veciños e veciñas de diferentes zonas.

Lembrar que o ano pasado esta actividade tivo lugar nas parroquias de Verdillo, Sísamo e Carballo (A Brea), tendo unha gran acollida por parte dos veciños e veciñas, que mostraron  o seu agradecemento por achegarlles esta iniciativa e polo carácter innovador da mesma.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.