A CIG desenvolve hoxe unha xornada de asembleas e concentracións en todas as cidades

Dentro da campaña pola recuperación dos dereitos, a CIG ten convocada hoxe, martes 9 de outubro, asembleas e concentracións de delegados/as en todas as cidades en demanda da derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva como paso fundamental para lograrmos emprego, salario e pensións dignas e conseguir frear a sangría da emigración.

Horas e lugares das concentracións:

·       A Coruña: ás 12 horas diante da Delegación do Goberno.

·       Ferrol: ás 12 horas diante do edificio da Xunta de Galiza.

·       Lugo:  ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno. Participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.

·       Ourense: ás 11:30 horas ante o edificio da Xunta

·       Pontevedra: ás 12 horas manifestación desde a Ferraría até a Subdelegación.

·       Santiago: ás 12 horas na praza de Galiza.

·       Vigo: ás 12 horas manifestación desde os Capuchinos (Vázquez Varela) até o edificio da Xunta.

 Seguir na mobilización social

As primeiras medidas do Goberno español do PSOE e a transformación fraudulenta do PP na Xunta nun Goberno “esixente” ante Madrid, configuran o novo escenario “de postureo” duns executivos que demostran a súa nula vontade por faceren algún mudanza real nas duras políticas neoliberais aplicadas nestes últimos anos.

As cifras de desemprego e calquera dos indicadores económicos e do mercado do traballo que oficialmente se manexan, demostran que a pregoada recuperación económica non é certa: estamos nos últimos postos na recuperación do emprego; fréase a redución do desemprego e a que se produce ten causa na perda de poboación activa, vía emigración e vía maior avellentamento da poboación. Ao tempo aumentan as persoas sen ningún tipo de ingresos e xeneralízase a pobreza laboral: perdemos máis do 15% en poder adquisitivo, a fenda salarial agrándase, aumenta a taxa de temporalidade e acrecéntanse os contratos a tempo parcial.

As solucións non virán nin por concesión do poder económico e político, nin a través da chamada concertación social, que ten como último exemplo o asinamento do IV Acordo Marco de Negociación Colectiva por UGT, CCOO e patronal, co entusiasta apoio do novo Goberno do PSOE e do anterior, do PP.

A CIG defende que a mobilización social é único camiño para que se produzan cambios reais e por iso seguirá na rúa esixindo un calendario de actuacións inmediatas para combater a precariedade, a pobreza e a emigración, que ten que comezar coa derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.