A Xunta impulsa o talento feminino en postos de responsabilidade co programa Medrando Xuntas

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, mantivo un encontro en Santiago coas preto de 30 mulleres que están a participar na segunda edición de Medrando Xuntas, un programa  co que a Xunta está impulsar o talento feminino en postos de responsabilidade de entidades vinculadas coa economía social

Toca destacou que a Administración autonómica a través de Emprega en feminino está a apoiar o acceso da muller ao traballo. Trátase dunha folla de ruta que xa beneficiou a 80.000 mulleres e que inclúe diferentes programas, entre eles Medrando Xuntas, a través do que se ofrece formación dirixida a mulleres directivas e a mulleres socias e traballadoras de empresas de economía social.

A actividade desenvólvese en Santiago e Lugo. Na xornada á que asistiu a secretaria xeral de Emprego abordáronse aspectos relacionados coa responsabilidade social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.