O centro de saúde de Lourenzá acollerá o próximo martes 16 de outubro a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR)  no horario habitual, de 11 a 13 horas

Dita mesa ten como obxectivo principal  informar a usuari@s , profesionais e colectivos de todo aquelo que precisen en relación a tempos de agarda excesivos para realizar probas diagnósticas,consultas ou intervencións cirúrxicas . Tamén axudarán , a quen así o solicite, na redacción e rexistro de reclamacións.

A UMAR entrou en funcionamento o pasado mes de abril, pouco despois de ser aprobada a reforma da lei de saúde polo  PP  en solitario, co rexeitamento de toda a oposición e cunha masiva contestación social que ningunearon . Desde a súa implantación dito dispositivo foi gañando apoios paulatinamente , e na actualidade goza do beneplácito de toda a comarca  e mesmo trascende os límites da Mariña. Cunha periodicidade de dúas veces ao mes, a  UMAR ubícase o primeiro martes de  mes na entrada principal do hospital e o terceiro martes nun centro de saúde que é diferente cada mes. O número de reclamacións rexistrada e resoltas vai  in crescendo e non só se limita ás datas nas que hai UMAR , senon que existe un goteo continuo a través do correo da Plataforma Sanitara  ou de chamadas telefónicas.

Nesta ocasión  esta localización da UMAR ten un sgnificado especial pois Lourenzá , xunto con Barreiros e  Mondoñedo comparten pediatra e actualmente os tres centros de saúde carecen do servizo, xa deficiente en condicións normais, ao estar de baixa a profesional e non ser cuberta . Este feito está a causar serios problemas na atención de nenos e nenas destes concellos, problema denunciado nos medios de comunicación días atrás e que produciu situacións esperpénticas e inadmisibles como un atraso de case tres meses na reprogramación de revisións protocolizadas.

Por iste motivo desde a Plataforma Sanitaria animamos ás veciñas e veciños do concello de Lourenzá a que se acheguen o vindeiro martes 16 de outubro ao centro de saúde para denunciar públicamente o que consideramos é unha vulneración dun dereito fundamental, agravado   ao tratarse de persoas de curta idade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 − trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.