Ourense podería ser multada e quedar sen subvencións por mor da mala xestión do PP na aprobación das Contas

A falta de orzamentos e a morosidade do Concello xeneran un “efecto dominó” que pon en seria ameaza á Facenda Municipal. “As consecuencias van pagalas os veciños, que non teñen a culpa”

Ourense en Común  sinala “outro incumprimento e ilegalidade” do goberno do Partido Popular no Concello de Ourense, por “vulnerar a normativa” que regula a convocatoria da Comisión de Contas, en canto aos prazos para a aprobación da Conta Xeral do Concello do exercicio 2017, como paso previo para a súa remisión ao Tribunal de Contas, antes do 15 de outubro, como establece a Lei.

A concelleira de  Ourense en Común, Montserrat Valencia, explica que a última comisión, referida ao exercicio 2016, celebrouse o 6 de outubro de 2017, “o ano pasado xa chegou con catro meses de retraso” con respecto ao recollido na normativa, e avanza que “este ano aínda se demorará ata os cinco meses ou máis, xa que aínda non está nin convocada”. Ademais, na lei de Facendas Locais, recóllese que a conta xeral someterase ao Pleno da corporación, para que poida ser aprobada antes do día 1 de outubro, “xa chegará tarde tamén”.

A edil advirte de que “o concello de Ourense, como xestor de fondos públicos, ten a obriga de informar sobre a actividade económica, financeira e orzamentaria e facelo en tempo e forma”. Os reiterados retrasos e incumprimentos deste goberno “con absolutamente todo” son un “grave risco para as arcas municipais, e poría tamén en dúbida as inversións do goberno central”, engadindo que “é o efecto dominó de non ter orzamentos e acumular facturas sen pagar”.

A Conta xeral é un conxunto de documentos que a Entidade local ten que elaborar cada ano, para informar sobre a situación do patrimonio, os gastos, os ingresos, e como se executou o orzamento do Concello, e segundo recolle o artigo 212 da lei de Facendas Locais, debera ser sometida antes do día 1 de xuño a informe da Comisión Especial de Contas do Concello, pasar despois a exposición pública durante quince días, e volver á Comisión de  Facenda, de modo que ao 1 de outubro tiña que ser sometida a pleno e, antes do 15, remitida ao Tribunal de Contas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.