Cadernos da viaxe. A SANTA ALIANZA. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Despois da era napoleónica, hai uns 200 anos, as monarquías absolutas de Francia, Austria-Hungría, Rusia e Prusia formaron a Santa Alianza para reprimir calquera revolución liberal e democrática na Europa, como fixeron coa española de 1820-1823. Hoxendía, PP, Cs e Vox, tres partidos distintos nun único Aznar verdadeiro, veñen de amosar o seu concerto extremodereitista na axenda política na Andalucía. Antón Losada, brillante como adoito, ven de batizar esta unión como a Santa Alianza. Os que queren voltar “a lo que siempre fue España”, a un suposto ponto cero anterior ás limitadas cesións a prol dos dereitos fundamentais das persoas e dos dereitos nacionais de Galicia que se artellaron a medio do proceso de xénese, adopción e desenvolvemento posterior da Constitución de 1978 e do Estatuto de Galicia de 1981. Voltarmos, cando mellor,  ao tardofranquismo. Leer más

Noiteboa en Islandia. Por @DulceCorcu

Islandia é un país raro para os españois, con costumes que aquí ata se poderían considerar extravagantes. Porque se agasallar libros xa é algo residual, facelo en noiteboa coma pouco é unha temeridade. Imaxinade senón a ese cuñado voso a medianoite, despois da copiosa cea e dúas botellas de Albariño, recibindo unha exquisita edición de “Cen anos de soidade”, do recoñecidísimo Gabriel García Márquez, ou “A memoria da choiva” do noso Pedro Feijoo, no lugar dun aparello electrónico, un perfume ou unha garavata para cando haxa que ir de voda. Non digamos poñerlle algún libro aos cativos no zapato baixo a árbore, que mirarían e remirarían preguntándose onde ten ese chisme os botóns. Pois ben, en Islandia o costume é agasallarse libros nesa noite de paz e convivencia familiar. E non só iso: tamén abrilos e lelos sen poñer cara de fastidio. Xente rara, xa viña avisando.

Leer más

1 2 3 7