4 galegos na Concentración Internacional Feminina en Moscú

4 galegos viaxan coa selección nacional feminina absoluta a Moscú, do 9 ó 21 de decembro, para continuar coa súa formación durante o Training Camp internacional que terá lugar nas instalacións de круглое озеро (Kurgoe Ozero, Lago Redondo), o norte de Moscú

O técnico galego de orixe Rusa, Alexandre Kachelaev viaxará como técnico nacional de apoio coa selección absoluta feminina, da que formarán parte as deportistas galegas, becadas no grupo de rendemento do CGTD de Pontevedra: Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra), Nerea Pampín e Noelia Lalín (ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces). Integran a selección nacional feminina: Marina Rueda (AND), Graciela Sánchez (BAL), Estefanía Ramírez (CAN) e a seleccionadora nacional feminina Aurora Fajardo (MAD).

Esta concentración internacional pon en valor, os resultados da selección feminina Galega a nivel nacional, con 3 deportistas convocadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.