A FGC considera unha burla a elección de Rubén Pérez Sueiras como coordinador para a “sensibilización social contra o maltrato animal”

A Subdelegación do Goberno de Galicia, elexía a Rubén Pérez Sueiras como coordinador para a “sensibilización social contra o maltrato animal”, polo que  a FGC amosa o seu rexeitamento ante tal elección, unha burla.

Rubén Pérez Sueiras é voz da Asociación Animalista Libera en Galicia e da Fundación Franz Weber, tamén esta última de índole radical e en ámbolos casos contrarias á actividade cinexética, ás granxas de animais de calquera especie, ó ordeño de vacas, ó consumo de carne, etc.

A Federación Galega de Caza quere deixar claro que sempre será contraria e condeará calquer tipo de maltrato animal. Remarcado isto, a FGC non comprende a decisión adoptada pola Delegación do Goberno en Galicia cando detrás desta persoa e organizacións que lidera hai un escuro pasado e presente en canto ao maltrato animal e o respeto os demais. Insultos públicos a xóvenes cazadoras e cazadores, desexándolles a morte, boicot de accións de caza, liberacións de visóns, etc. son feitos que poñen en dúbida a valía de dito nomeamento, que por certo, acaba de incorporalo a súa nómina Podemos Galicia adxudicándolle unha secretaría por orde de Antón Gómez-Reino Varela.

Creemos que nin SEPRONA nin Policía teñen nada que aprender deste dirixente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.