Cadernos da viaxe. CULPÁBEIS DO EXTREMISMO. Por Xoán Antón Pérez-Lema

 Hailles na España profunda bastantes cidadáns que denuncian seguido que a culpa da epifanía de Vox é a reivindicación catalá do dereito a decidir ou a potente campaña “me too” que desenvolveu o feminismo europeo e internacional para demostrar a súa potencia fronte ao machismo.

E non hai tal. Vox medra día a día no Estado (agardemos que non na Galicia) por mor da asunción por parte do tripartito do 155 (PP, Cs e PSOE) da súa axenda…inmigración, eurofobia, galegofobia/vascofobia/catalanofobia, racismo, machismo e homofobia. O que cómpre é non perder votos (PP e Cs ) ou representación (PSOE).

A esquerda española, cando non apoiou o golpe inconstitucional do 155 (PSOE) asumiu (Unidos Podemos-En Comù Podem) unha perspectiva equidistante que lle valeu ao Estado para posibilitar na práctica o golpe, ben difícil doutro xeito.

A culpa do extremismo españolista non é, de certo, a reivindicación catalá (ou vasca ou galega) do seu dereito a decidir. Nin tampouco a reivindicación LGTB, feminista ou ecoloxista. Non. As forzas da dereita española e máis da esquerda española do silencio teñen normalizado este terríbel ideario e axenda de Vox, moi nomeadamente por non querer enfrontar a substancialidade demcorática alicerzada na forma de Estado republicana ou  no dereito das nacións do Estado español a gobernarmos a nosa vidiña-.

A arrincadeira.-  Segue a “vaga de fam” dos presos políticos cataláns.

Primeiro Turull e Sánchez, despois  Forn e Rull , van aló moitos días dende que estes presos políticos denuncian o adiamento na resolución de cadanseus recursos perante o Tribunal Constitucional (TC) español, contra cadansúas interlocutorias de prisión preventiva. Estes recursos de amparo perante o TC , sen resolver algúns dende hai máis dun ano, impiden que estes presos políticos cataláns recorran perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo.

Os presos políticos cataláns amosan diante da Europa toda a incapacidade do Reino de España de Felipe de Borbón e Grecia para asumir os valores de democracia, liberdade e plurinacionalidade.

Nin é xusto nin é propio dunha democracia europea.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.