Charla no concello de Touro para falar do trazado histórico do Camiño Francés ó seu paso polo municipio

En Marea Touro organiza este sábado día 29 unha charla para explicarlle á veciñanza o contido dun recente informe emitido por Icomos, organismo asesor da UNESCO, no que se recomenda recuperar o trazado histórico do camiño francés Arzúa-Quión-Amenal. No concello de Touro atravesa as parroquias de Beseño e Quión.

O grupo local dará conta do traballo de campo que levaron a cabo, e que rematou coa delimitación do camiño atendendo a fontes documentais e testimonios orais.
 Destacan a súa beleza e autenticidade, xa que ó longo do percorrido hai numerosas corredoiras, carballeiras e capelas. Outro dos puntos fortes é o escaso tráfico existente nos puntos polos que pasa.
En Marea Touro invita a toda a veciñanza a esta charla informativa que terá lugar este sábado ás 19:30 no local social da parroquia de Beseño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco + dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.