Inícianse os trámites que farán posible a ampliación do polígono industrial do Corgo

Empresas e particulares interesados en adquirir futuras parcelas poden contactar co Concello para facer constar a súa demanda. O alcalde da localidade, acompañado do tenente de alcalde e do delegado territorial da Xunta en Lugo, mantiveron un encontro co director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

O alcalde do Corgo, José Antonio Ferreiro, avanzou que xa están en marcha os trámites que permitirán ampliar o polígono industrial da localidade e, de feito, xa se traballa nun proxecto sectorial que servirá de base para facer realidade este obxectivo.

Así o explicou o rexedor tras manter unha xuntanza co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, na que tamén participaron o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro e o primeiro tenente de alcalde, Felipe Labrada.

Xunta e Concello estudaran a demanda de solo industrial existente neste momento, tendo en conta que a fase executada no actual polígono xa está toda vendida. Así como tamén efectuarase un seguimento daquelas parcelas non edificadas.

Ferreiro empraza a todas aquelas empresas ou particulares que poidan ter interese en reservar solo industrial neste municipio a que se dixiran ao concello ao obxecto de formalizar a súa demanda.

Tanto Xestur, a entidade autonómica de solo empresarial dependente da Xunta, como o propio Concello dispoñen de terreos que poden ser de utilidade ante futuras actuacións.

O polígono industrial do Corgo, polo seu emprazamento, ben comunicado (na marxe esquerda da Autovía A-6 A Coruña-Madrid) e moi próximo á cidade de Lugo, é unha superficie de solo empresarial que recibiu unha gran demanda ata facer factible unha futura ampliación.

Na actualidade esta área industrial e comercial dispón dunha superficie total de 144.159 metros cadrados, na que están distribuídas 36 parcelas, cunha superficie urbanizada de 92.284 metros cadrados.

O municipio de O Corgo establece como prioridade a creación de emprego e tecido industrial que permitira máis diverstificación e un crecemento da súa actividade económica.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.