O deporte carballés lembra no III Memorial Loli Varela a unha das impulsoras do deporte feminino

Baloncesto Artai, Basket Xiria, Balonmán Xiria e Un Paso Máis volven a escenificar a fortaleza, a unidade, a diversidade e a solidariedade do deporte carballés no III Memorial Loli Varela, un “merecido homenaxe e recoñecemento a unha das figuras máis destacadas do mundo asociativo e deportivo do concello, impulsora de moitas das actividades deportivas que se realizan no noso concello”. Precisamente, pola vinculación que tivo coas catro entidades, continúa sendo o nexo de unión tamén para a organización do evento que se celebrará este xoves 6, e no que tamén colaboran o colexio Artai, Gadis, a Federación Galega de Baloncesto, a Deputación da Coruña, Conservas Calvo, Deporte Galego e o Concello de Carballo.

Na casa consistorial tivo lugar hoxe a presentación deste terceiro memorial, do que Marcos Trigo, concelleiro de Deporte, destacou a importancia de “lembrar o labor dunha persoa que dedicou boa parte do seu tempo libre a promocionar o deporte entre a mocidade carballesa” e tamén de que catro entidades se unan para facelo posible.

Joaquín Moreira, do club de baloncesto Artai, impulsor da homenaxe xunto co colexio Artai, comentou o desenvolvemento da xornada e destacou especialmente o cariño co que está organizada a homenaxe, que este ano faise extensiva ao marido de Loli, Fidel Nión, falecido meses atrás. “Será un acto cortiño, entre un partido e outro, porque será duro para Sara, a filla de Loli e Fidel”, explicou.

Ademais de agradecer o convite a participar, Arturo Ferraces, director deportivo da Escola Basket Xiria, destacou a “transversalidade” de Loli Varela. “Que participemos tantas entidades demostra que era unha persoa colaboradora e integradora”, manifestou.

Pola súa banda, José Antonio Rodríguez, de Balonmán Xiria, quixo facer extensiva a homenaxe a todas as persoas que desinteresadamente dedican o seu tempo á promoción do deporte.

Todos os presentes, incluído o alcalde, que pechou o acto de presentación, destacaron a achega de Loli Varela ao deporte feminino. “Loli –dixo Evencio Ferrero- foi unha das persoas que colaborou para que o deporte, e sobre todo o deporte feminino, tivese presenza en Carballo, e hoxe vemos que segue medrando. Os memoriais son para lembrar a persoas, e isto é posible porque se soporta no traballo doutras moitas persoas”, concluíu.

PROGRAMA

O III Memorial Loli Varela celebrarase o xoves 6 no pavillón do complexo deportivo Vila de Noia. Este é o programa:

  • 00 horas: Infantil masculino CB Artai-CB Laracha
  • 00 horas: Cadete masculino Carballo a un Paso Artai EBX-CB Santo Domingo de Betanzos
  • 00 horas: Infantil feminino CB Artai-EBX Nordata
  • 30 horas: entrega de agasallos por parte das entidades organizadoras a Sara Nión
  • 00 horas: Júnior feminino Carnicería Daniel Artai EBX-Básquet Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.