O novo albergue de peregrinos de Ourense, o mellor de toda a rede do Xacobeo

Así, no albergue “Eligio Rivas Quintas”, os peregrinos poderán acceder a toda a información que precisen sobre a ruta xacobeo de maior percorrido, que conecta Sevilla con Compostela.

Dase cumprimento así a unha demanda do alcalde, Jesús Vázquez Abad, que lle solicitou á Xunta de Galicia “que Ourense non só contase co mellor albergue de Galicia, senón que a cidade cobrase o protagonismo que lle corresponde como eixo neurálxico deste camiño Xacobeo”

A aposta por situar o albergue de peregrinos, que onte mesmo comezou a funcionar, “nun edificio histórico rehabilitado, en pleno corazón da zona histórica e a escasos metros da piscina termal de As Burgas, vai ser un atractivo máis para todos os seus usuarios. Pero tamén vai dinamizar a súa contorna”, sinala o rexedor ourensán

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete + once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.