O persoal de Proxecto Home concentrouse hoxe en Santiago para esixir a implicación da Xunta e do padroado da fundación

Traballadores e traballadoras da Fundación Monte do Gozo – Proxecto Home Galicia concentráronse este mediodía fronte ao Cottolengo, un dos centros que a entidade ten na comarca compostelá. Alí esixiron a implicación da Xunta de Galicia e do padroado da propia fundación para resolver a «grave» problemática laboral e social que se arrastra desde hai meses.

Na concentración lembraron que é «innegable» que a Fundación Monte do Gozo «incumpría a lexislación laboral», incluíndo cláusulas abusivas nos contratos, practicando excesos de xornadas ou vulnerando varios preceptos do convenio colectivo de aplicación.

Durante este conflito, a representación do persoal procurou a mediación tanto da Inspección de Traballo como do Consello Galego de Relacións Laborais, estando «acreditada e documentada» tanto as peticións como o rexeitamento da dirección de Proxecto Home.

As traballadoras e traballadores critican a actitude da Xunta de Galicia e do padroado da Fundación, aos que acusa de non se preocuparen nin pola situación laboral do persoal nin pola «grave afectación social» para as persoas usuarias.

Renuncia a fondos europeos

Nun manifesto, os traballadores e traballadoras tamén criticaron que a Fundación se queixe de problemas de financiamento e repróchalle que renunciase e solicitar os fondos europeos do proxecto INSOLA, como si fai Proxecto Home noutros lugares de España. Para acceder a estes fondos, o principal requisito é «pasar uns ríxidos controis das contas e auditorías de gastos».

O manifesto finaliza lembrándolle á actual dirección de Proxecto Home que a súa maneira de proceder está afastada dos valores que a entidade asume publicamente como propios: solidariedade, respecto, honestidade, competencia profesional, efectividade, confianza, confidencialidade e fomento da participación interna.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.