Homenaxe do Comité Olímpico Español a José Luis Torrado Casal, coa presenza de José Ramón Lete Lasa

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa asistiu á homenaxe do Comité Olímpico Español a José Luis Torrado Casal que tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra.

Alí, o máximo responsable do Deporte galego entregoulle ao terapeuta nado en Mugardos unha carta asinada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, onde o máximo mandatario recoñece a traxectoria profesional de Torrado en prol do deporte galego.

O Goberno autonómico galardoou a José Luis Torrado coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia en 2011 na súa primeira convocatoria.

foto cova rey cintolo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.