A Selección da Costa Infantil arranca a súa preparación para o Campionato Galego

Este vindeiro venres 25 de xaneiro, a Selección da Costa Infantil Feminina comeza a súa preparación de cara ao Campionato Galego que se disputará a primeira fin de semana do mes de marzo

A Selección da Costa Infantil Feminina que dirixen Fran Toba e David Castro, poñerase mans á obra para chegar ao Campionato Galego de Seleccións Comarcais da mellor maneira posible que lle permita demostrar o gran nivel que atesouran as nenas do fútbol sala feminino da Costa da Morte, o cal ano a ano vai sendo maior.

Este vindeiro venres 25 de xaneiro, a partir das 17.15h., o pavillón de Baio será testemuña deste primeiro test de preparación das infantís costeiras, as cales terán a súa primeira toma de contacto aínda que moitas delas xa se coñecen e outras xa asistiron a edición pasada do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, na cal deron unha gran imaxe, competindo en todos os partidos que disputaron en Marín.

Para este adestramento, os seleccionadores convocaron a un total de 13 xogadoras, as cales son as seguintes: Lucía Rodríguez do Cabana SD; Carla Pose do Corme CF; Laura Caamaño da SD Esteirana; Paula Veiga da UD Cerqueda; Sharay Caamaño, Lucía Canosa, Saray Duarte, Uxía Lema, Lucía Martínez, Lucía Rodríguez, Alejandra Santalla, Nerea Suárez e Marta Andrade do Fisober FSF.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.