@abelcaballero prevé rematar en marzo a construción do ascensor entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica

A Xunta de Goberno deu luz verde a unha modificación das obras do ascensor de San Salvador e a Praza de Isabel A Católica, para mellorar o proxecto trasladando un colector, o que obrigou a ampliar a inversión en 90.000 euros, que se suman aos 525.000 euros da licitación. Deste xeito, o goberno local vén de reanudar uns traballos que estarán rematados no mes de marzo.

Tal e como lembrou o rexedor, esta iniciativa forma parte do proxecto de Vigo Vertical -financiado con fondos FEDER da Unión Europea- polo que a cidade recibiu unha Mención Especial nos Access City Award, premio anual que outorga a Comisión Europea ás urbes máis accesibles. Vigo competiu con outras 52 cidades europeas e conseguiu o recoñecemento presentando, entre outras, as seguintes iniciativas: ascensor de Camilo José Cela; primeiro e segundo ascensor de Marqués de Valterra, escaleiras mecánicas de Porta do Sol, ascensor de Pizarro; escaleiras mecánicas de Pizarro; escaleiras mecánicas de Praza de Portugal; ramplas de Gran Vía; rampla de Carral e o ascensor desde García Barbón ata Via Norte.

Violencia de xénero
O alcalde tamén deu conta da aprobación do “Programa de ayudas económicas directas para mujeres en situación de violencia de género para 2019”, que se suma ao resto das políticas de prevención e loita contra a violencia machista ás que o Concello adica case un millón de euros ao ano. Concretamente, estas achegas son axudas directas e urxentes para fianzas de algueiro, traslados, necesidades básicas de alimentación, hixiene ou gastos farmacéuticos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.