Ana Miranda pide coordinación entre Galiza e Portugal para evitar a propagación da praga do nematodo

A eurodeputada do BNG pregunta á Comisión Europea se ten avaliado a eficacia das medidas e recursos postos en marcha

Diante da gravidade da situación que atravesan 25 concellos do sur da provincia de Pontevedra pola praga do nematodo, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, diríxese á Comisión Europea para preguntarlle non só se coñece esta situación, senón tamén para alertar das graves consecuencias que tería a súa propagación en Galiza e Portugal.

“Atopámonos diante dun problema medioambiental e económico, que afecta aos nosos montes e a nosa industrial desde hai anos e desde o BNG pensamos que cómpre actuar con maior incidencia para frear esa praga”, salienta a deputada nacionalista, quen sinala que o nematodo ten unha gran capacidade de dispersión debido á circulación de mercancías.

Para Miranda resulta imprescindible a posta en marcha dun “plan urxente coordinado” entre Galiza e Portugal co fin de evitar a extensión deste parasito. Ao respecto indica que no sur da provincia de Pontevedra, 15 dos 19 aserradeiros existentes na zona están en situación de corentena e, desde hai oito anos, a estes aserradeiros aplícaselles a normativa fitosanitaria da ONU para a Agricultura e a Alimentación (FAO), coñecida como NIMF-15, de forma que a madeira debe someterse a un programa de tempo e temperatura para que alcance 56 graos durante 30 minutos.

Preocupación do sector

O BNG é consciente do impacto que tería para o sector forestal a propagación e descontrol da praga no resto de Europa e recolle así a preocupación do sector. “Somos conscientes da complexidade da situación polo que é preciso avaliar o resultado das medidas e os recursos postos en marcha pola Xunta até agora”, explica a eurodeputada do Bloque sobre a pregunta para a súa resposta escrita que presentará. Porén pon en dúbida a eficacia real das mesmas, tendo en conta que o primeiro caso detectouse no ano 2010 en As Neves.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos + dieciseis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.