Andaina solidaria pola saúde mental en Arbo

O vindeiro día 13 de xaneiro ás 10 da mañá arrancará en Arbo unha andaina solidaria pola saúde mental organizada polo Concello de Arbo en colaboración coa asociación Avelaíña

Trátase dunha actividade aprazada do pasado mes de decembro por mor do mal tempo. A xornada comenzará cunha marcha de dificultade media que partirá dende a Praza do Concello e que terá unha duración de 5 Km aproximadamente. A súa chegada, habrá numerosas actividades, agasallos para os participantes e varios sorteos para que haxa un tempo de recreo e distensión.

“Arbo, camiña pola saúde mental” reunirá a numerosas persoas entre usuarios, veciños, profesionais, achegados de Avelaíña e autoridades locais. Estas actividades teñen como obxectivo hacer reflexionar a cidadanía sobre a importante labor que desenvolve esta asociación, potenciando a inclusión das persoas con enfermidade mental na provincia de Pontevedra, mediante a promoción da mellora da súa calidade de vida e a dos seus familiares. Un día no que todos debemos aprender e sensibilizarnos coa problemática da enfermidade mentar e estar dispostos a colaborar para lograr a mellora na calidade de vida destas persoas.

Dende o Concello de Arbo e a Asociación Avelaíña animamos a todo aquel que así o queira, a participar e colaborar nun día tan especial como este. Os donativos (5 euros) faranse en efectivo o día da andaina aos socios colaboradores da asociación ou se ingresarán có concepto “participación marcha solidaria de Arbo” na conta: ES27-2100-4046-1121-0009-8385.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve + tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.