BNG Culleredo: “O goberno do PSOE incumpre as resolucións do Pleno sobre o Vial18”

O Pleno Municipal aprobou o 28 de xuño demandar á Xunta e a Fomento un estudo das alternativas de conexión entre a AP9 e o aeroporto, e a súa publicación antes de realizar a escolla

O Pleno Municipal celebrado o 28 de xuño en Culleredo aprobou, por unanimidade, a moción presentada polo BNG na que se demandaba a petición á Xunta e a Fomento de realización dun estudo sobre as alternativas de conexión entre a AP9 e o aeroporto, e a súa publicación antes de realizar a escolla entre as distintas opcións.

Das declaracións realizadas dende o Goberno Municipal de Culleredo despréndese que nestes case 7 meses non fixeron nengún tipo de xestión perante esas Administracións, nen mantiveron xuntanza algunha coas persoas afectadas.

Ver Moción para un acceso á autoestrada A9 aprobada en Pleno por unanimidade

Ao día seguinte da aprobación da moción, que contou tamén cos votos a favor de PSOE e PP, o alcalde manifestou que o propio Concello levaría a cabo o estudo das alternativas. Que foi de aquelas promesas?“, pregúntase o representante do BNG en Culleredo, Tono Chouciño

Para o BNG de Culleredo isto, xunto co estado de hibernación no que manteñen a aprobación do novo PXOM e o retraso en presentar os orzamentos para 2019, é unha mostra máis da total despreocupación do alcalde, José Ramón Rioboo, e da súa equipa de goberno, polo futuro do Concello e dos seus veciños e veciñas.

O BNG demandará explicacións ao Goberno Municipal no vindeiro Pleno, ao tempo que se intentará levar ao Parlamento Galego. “A Xunta tiña un proxecto para esta conexión entre a AP 9, o aeroporto e a terceira rolda a través da estación de servizo, cun custo de 2,5 millóns de euros. Queremos saber porqué se escolle unha opción que costa 25 millóns, 10 veces máis, cando eses cartos se podían destinar a proxectos de mobilidade sostíbel na comarca“.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.