Campionatos Galegos sénior e cadete de Loitas Olímpicas

O pavillón municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acollerá este vindeiro sábado 19 de Xaneiro, de 10:00 a 14:00 horas, os campionatos Galegos sénior e cadete de Loitas Olímpicas.

  • Campionato Galego sénior de: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Grecorromana.
  • Campionato Galego cadete de: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Grecorromana.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Stellae e o Concello de Santiago de Compostela, organizarán este campionato Galego con un total de 138 inscricións para as categorías sénior e cadete. Este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 14 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse.

Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas SUB-23 que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 2 de Febreiro, na cidade de Madrid. Os deportistas sénior, terán o campionato de España, na cidade de Santiago de Compostela o 2 de Marzo, grazas a colaboración e apoio do Concello de Santiago para acoller esta cita nacional.

Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.

Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros.

O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, cos novos valores do arbitraxe Galego, dirixirá esta competición. De este xeito, poden avaliar o nevel dos colexiados que acudirán os vindeiros campionatos de España, representando a Galicia.

Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Santiago de Compostela, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo, o Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Coruña, así como os patrocinadores privados colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

Ficha Resumen:

Nome da actividade Campionato Galego sénior e cadete
Deporte Loitas Olímpicas: Libre Olímpica, Grecorromana e Libre Feminina
Categorías cadete (de 15 a 17 anos) e sénior (a partir dos 18 anos)
Data de realización Sábado 19 de Xaneiro de 2019
Horario da actividade De 8:30 a 14:30 horas
Horario da competición De 10:00 a 14:00 horas
Entrega de trofeos De 13:30 a 14:00 horas
Lugar Santiago de Compostela
Pavillón Pavillón de Santa Isabel
Número participantes 120 deportistas de toda Galicia
Asistentes indirectos 150 pais dos deportistas
Entidades organizadoras Concello de Santiago de Compostela.

Federación Galega de Loita.

Club de Loita Stellae

Datos do cartel:

Este ano a foto principal está adicada a Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), 16 veces campión de España en Loita Libre Olímpica na categoría de peso absoluta.

Noelia Lalín Canda (Club Keltoi de Vila de Cruces), campioa de España absoluta de Loita Feminina, e conta con varias participacións en Mundiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.