Candia: “Os recortes do PSOE lastran a mellora das principais infraestruturas viarias e ferroviarias na provincia”

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, asegurou que “os recortes do PSOE lastran a mellora das principais infraestruturas viarias e ferroviarias na provincia”. Así o expuxo na a reunión da Xunta Directiva Provincial na que participou tamén, ademais doutros cargos orgánicos do Partido, alcaldes e voceiros municipais; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Candia engadiu durante a xuntanza que “a provincia de Lugo é vítima do desprezo socialista en materia de infraestruturas de comunicación”. A presidenta provincial lamentou que os Presupostos Xerais “boten por terra os compromisos asumidos polo  Goberno popular e que recolleron as propias contas do Estado para o 2018 aínda vixentes”. Concretamente, Candia recordou que “perdemos un 35% en investimentos en infraestruturas de comunicacións con respecto ao contemplado no ano 2018”.

“A burla aos lucenses apréciase nos menos de 213 euros por habitante que investirá o Estado na nosa provincia converténdoa na terceira administración supramunicipal en investimentos por habitante. Moi por detrás da Xunta que achega 4.022 euros por cada lucense e incluso da Deputación Provincial”, continuou a presidenta do PP na nosa provincia. “Galicia é das comunidades autónomas máis castigadas e a que paga o prezo máis elevado polos pactos do presidente do Goberno, Pedro Sánchez”, engadiu Candia.

Ethel Vázquez: “Os Presupostos Xerais non contan con partidas suficientes para as obras en marcha nas estradas lucenses”

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade tamén explicou que “a proposta dos Presupostos Xerais nos debe encher de preocupación e de indignación aos galegos. Especialmente no relativo a infraestruturas”. Ethel Vázquez dixo que “o Goberno socialista pretende baixarnos aos galegos un 19% os investimentos do grupo de Fomento. E iso ten consecuencias para a provincia de Lugo, sobre todo, no relativo ás estradas porque só atopamos partidas suficientes para as obras en marcha, e non para todas. E non permiten que se inicien novas obras que xa teñen todo preparado. Para o treito Melide – Palas da autovía Lugo – Santiago, o único pendente na provincia, consignan 3 millóns de euros para a obra en execución; pero a este ritmo estaríamos en obras ata o ano 2040”, considera. A este respecto, recorda que “este mesmo treito en 2018 contaba con 14 millóns”, puntualizou a conselleira.

Igualmente, Vázquez lamentou que “desaparezan na súa totalidade, ou case, actuacións nas que se estaba avanzando. Algúns exemplos son “o intercambiador de Guntín, que melloraría as comunicación con Chantada e Ourense; a autovía Barreiros – San Cibrao, con proxectos avanzados e que non prevén licitación nin tan sequera nas plurianualidades ou as melloras de seguridade viaria comprometidas no Camiño de Santiago. Mentres que a Xunta xa ten licitadas as súas obras, o ministerio non consigna nin un euro para estas obras xa comprometidas”, concluíu a conselleira.

Traballo a prol de tódolos lucenses

Esta nova reunión da Xunta Directiva Provincial dá continuidade á liña de traballo marcada pola dirixente dos populares lucenses que permite traballar dende o Partido, escoitando as propostas dos alcaldes e dos cargos orgánicos participantes, para ser útiles a tódolos lucenses.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.