Colaboracións científicas de Aldea Viva conclúen que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina de Touro debe ser negativa

Aldea Viva coa colaboración de varios investigadores galegos analiza os últimos informes presentados pola mineira e tira conclusións. Todos coinciden en que hai unha intencionalidade clara para ocultar datos que non son do seu interese e que deixan en evidencia a inviabilidade da explotación mineira.

Destacan que nun proxecto de dimensions colosais e moitas posibles afeccions é de destacar o pouco nivel de concreción e as dificultades para a súa consulta nunha documentación pouco organizada e repetitiva na que caseque todo está por definir, e a valoración de efectos sobre as augas,morfometría, usos do solo correspondería aos proxectos de detalle posteriores.Todo semella estar aberto a detalles.
Entre os aspectos técnicos que analizaron apuntan que os modelos hidrolóxico-hidraulicos e de balance de augas aportados pola empresa carecen da máis elemental sistemática, e son dunha dificultade(intencionada?) extraordinaria á hora analizar e concluír sobre os posibles impactos da explotación durantes 14 anos.
Outra mostra do pouco rigor científico que teñen estes informes atopámola no referente ós vertidos ó dominio público hidráulico, xa que só se fala dos procedentes da planta de tratamento, que por outra banda, deixan de producirse a partir do ano 7 e que son só unha mínima parte do total. Que ocorre o resto dos anos? Non hai vertidos ós cauces?. Cal é o destino das escorrentías  e en que proporción chegan ós cauces?.Hai algunha estimación das cargas contaminantes?? A resposta é non.
Erros intencionados?
Nos miles de folios que Cobre San Rafael entregou á administración galega, atopamos unha análise sobre a situación dos ríos da contorna da mina coa finalidade de xustificar que a contaminación actual débese á litoloxía da cunca . Para isto realizouse unha única campaña de mostraxe o 15 de maio de 2018, completamente insuficiente e que non cumpre as esixencias disciplinadas no Real Decreto 817/2015 para as mostraxes cada 4 meses, e no caso de sustancias prioritarias como o cadmio ou o níquel específicase que serán mensuais ó longo dun ano. Se a isto engadimos que as entulleiras están en contacto directo co río parece difícilmente asumible esta hipótese interesada.
O manexo da lexislación á carta é outra constante, xa que por exemplo para as analíticas do cadmio e outros metais, a empresa utiliza únicamente as normas da O.M.S, que se refiren ás toxicidades para o home, mentras que a Federacion Ecoloxista Galega nas suas alegacións o fai baseándose nas normas europeas de calidade das augas superficiais transpostas ó ordeamento xuridico español polo Real Decreto 817/ 2015 que son moi esixentes no caso do cadmio e a vida piscícola.
A asociación presentará esta mesma semana os informes técnicos completos no rexistro da Xunta de Galicia, e advírtelle ó goberno galego que non lle queda outra que rexeitar o proxecto se non queren traspasar as fronteiras da legalidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece + siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.