Comunicado da Federación de Peñas do Deportivo sobre os incidentes ocorridos en Mallorca

Ante as informacións publicadas ao longo deste luns sobre os incidentes ocorridos o pasado sábado na previa e postpartido do Mallorca-Deportivo, a Federación de Peñas do Real Club Deportivo de A Coruña quere aclarar:

-Que os seus afeccionados en ningún momento foron partícipes das leas das que se falan. No primeiro dos ataques, que tivo lugar sobre as 19.00 horas no Bar La Rotonda, nas inmediacións do estadio de Son Moix, producíronse mentres os nosos peñistas e afeccionados do Real Club Deportivo estaban, tranquilamente e sen molestar a ninguén, facendo a súa previa en dito local. Foi nese intre cando, un grupo de radicais do club local irrompeu na festa e tratou de learse a golpes con todo o que se encontraba ao seu paso.

-Do mesmo xeito, no segundo dos incidentes, os feítos sucederon de maneira similar. Mentres dous deportivistas estaban tranquilos nun local, foron agredidos por dous seguidores radicais mallorquinistas.

-Que algúns dos nosos seguidores, ademais de ter que aguantar a emboscada e o ataque, foron identificados para ser sancionados, segundo a nota de prensa da Policía Nacional da que se fixeron eco varios medios locais e nacionais. Non entendemos que estar nun local e ser agredido, sexa constitutivo de delito e deba levar asociado unha sanción.

-Que, en calquera caso, estase faltando á verdad e sobre o que sucedeu en Palma de Mallorca o pasado fin de semana. Instamos aos medios de comunicación que queiran coñecer a outra versión, en vez de escoitar só unha parte, a que se poñan en contacto con nós.

Estamos fartos de que se trata de criminalizar á nosa xente, perseguida dende fai tempo, cando o único que se promove é o bo rollo entre as afeccións, o desfrute do fútbol e intentar alentar ao noso equipo alá onde se desprace para axudarlle dende a bancada a conseguir os seus obxectivos. Non irnos a permitir que se nos siga criminalizando e apuntando co dedo da mentira tan só por vivir con paixón e sen ningún tipo de actitude agresiva o que consideramos unha parte esencial das nosas vidas: o Real Club Deportivo.

#AUniónFaiAForza

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco − 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.