@depulugo. 60.000 persoas desfrutaron das Rutas Fluviais pola Ribeira Sacra, un 10% máis que o ano anterior

Foron un total de 59.233 usuarios os que realizaron viaxes polos ríos Miño e Sil a través dos catamaráns de Doade e Belesar, o que supón 6.128 persoas máis que en 2017.

Vidal Baamonde subliñou que “os datos de participación melloran ano tras ano, o que nos amosa a importancia de continuar ofrecendo este servizo, tan necesario para a zona”

O Goberno da Deputación tamén desenvolveu outras actividades de posta en valor da contorna como, por exemplo, co Festival Internacional de Música 17º, que reuniu a milleiros de persoas en emblemáticos espazos da Ribeira Sacra

Datos 2018: En Doade, rexistráronse 47.578 visitas na ruta dos Canóns do Sil, e en Belesar, na Ruta do Cabo do Mundo, 11.430.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.