@depulugo .Preto de 114.000 persoas visitaron a Rede Museística da Deputación no 2018, un 3% máis que o ano anterior

A Rede Museística da Deputación de Lugo rexistrou un aumento do 3% no número de visitas con respecto ao 2017 o que supón un crecemento de máis de 3.000 persoas ao longo de todo o ano. Os meses de xullo e agosto foron os que acadaron un maior número de visitantes.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, subliñou que “dende o Goberno da Deputación realizamos actividades, visitas ou exposicións co obxectivo de promover o noso patrimonio material e inmaterial ao tempo que fomentamos o turismo cultural na provincia. Cómpre destacar que os meses nos que se rexistraron un maior incremento de visitantes con respecto ao 2017 foron maio cun aumento do 14% e novembro cun 12% máis nos catro museos que conforman a Rede Museística”.

Xullo e agosto os meses con máis visitas

Os meses do ano onde se rexistraron un maior número de visitas nos catro museos da Rede durante o 2018 foron xullo con 12.922 visitantes e agosto con 17.901en total. Con respecto ao ano anterior o Museo San Paio de Narla aumentou nun 51%  o número de visitas e o Pazo de Tor nun 194% ambos os dous no mes de xuño. No caso do Museo Provincial do Mar foron os meses de febreiro e novembro onde se incrementaron os visitantes nun 17% e o Museo Provincial de Lugo conseguiu no mes de maio un 14% máis de visitas con respecto ao ano anterior.

Programación cultural durante o ano

A Rede Museística oferta un completo programa de actividades nas diferentes salas expositivas do organismo provincial ao longo de todo o ano. Esta programación recolle obras de gravado, pintura, escultura, así como mostras de traballos colectivos, cun marcado carácter social como a mostra Fotografía a cegas, exposta no Refectorio do Museo Provincial.

No 2018 ofrecéronse 20 exposicións que recolleron obras de pintores como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribeira ou Rosales, na exposición da Colección Gil Varela, ou a mostra pedagóxica De Picasso a Annish Kapur, que realizou achegas de artistas internacionais como Picasso, Andy Warhol, Dalí, Tapies ou Saura, ambas as dúas expostas no Museo Provincial.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.