En Marea sigue. Por Héctor Sánchez

Héctor Sánchez

Todo o mundo sabe que as mesmas persoas que promoveron a Luís Villares como candidato de En Marea á presidencia da Xunta foron pouco tempo despois as que promoveron unha sistemática campaña de desprestixio para desgastar a súa figura  e ao amplo grupo de persoas que o apoiabamos.

Neste senso teño unha anécdota significativa que ademais resúltame inolvidable dado con quen a vivín.

Estaba un día cunha amiga que ámbolosdous tiñamonos moito cariño. Tamén teño que dicir que estábamos en ondas políticas distintas. O caso é que nen siquera estábase na campaña electoral senón que estabase na preelectoral -é dicir poucas semanas despois de que @s dirixentes de peso lanzaran á “fama” a Luís Villares-.

Estabamos os dous falando da situación política; do difícil que ía ser que se consolidara un proxecto de partido instrumental no cal coexistíamos persoas independentes con persoas de partidos de ámeto galego e con persoas de ámeto estatal.

Ben. Nesas divagacións estabamos cando a miña amiga díme que a Coordinadora Provisoria “tiña problemas con Villares porque era un incontrolable”

Claro. Eu sabía que na Coordinadora Provisoria constituían maioría absoluta,  persoas de partidos e de mareas , amantes de controlar ás Organizacións.

Foi aí pois que me enterei que Villares era un problema para as persoas amantes do control cando nen levaban un mes de precampaña.

Así que si Villares era un problema para dirixentes da Marea Atlántica, Anova, Esquerda Unida e Podemos, entón era unha esperanza para moitas persoas que estabamos fart@s de que o hiperpartidismo destrúa proxectos comúns si non os controla, porque o seu real obxectivo é afianzar o partido, e o estatus das persoas liberadas.

Pensemos que estou a falar duns feitos que ocorrían nos marabillosos anos 2014-2015-2016 nos cales prodúxose unha explosión democrática na cal moita xente estabamos fartos do hiperpartidismo que se servía a si mesmo e non ao ben común. Eses marabillosos anos nos que ao tempo que berrabamos “Non nos representan” denunciabamos a corrupcion da dereita e popularizabamos o famoso “Non hai pan para tanto chourizo”.

Foi unha época moi ilusionante xa que moita xente queríamos ser protagonistas no mundo político e social e era tan forte o empuxe que logramos que Anova, Podemos e Esquerda Unida se viron obligados a disolver En Marea como Coalición, pero é imposible que iso prospere moito tempo na Sociedade porque serán os propios partidos de esquerdas e nacionalistas quen freen as iniciativas populares si non as controlan, ao tempo que, cinicamente, se proclaman partidarios da Unidade Popular ou de representar os intereses de Galicia.

A VERDADEIRA LOITA QUE HOUBO EN EN MAREA

A maior iniciativa popular no conxunto do Estado Español de participación foi domesticada pola Dirección de Podemos que se transformou nun partido importante, necesario, pero que está absolutamente xerarquizado antidemocraticamente.

En Galicia pasou o mesmo ca Marea Atlántica -partido importante, necesario pero que se antidemocratizou dunha maneira moi xerárquica ata o punto que aprobaron uns Estatutos que, despois de criticar sempre o sistema electoral d’hont, agora utilizarano ao máximo ata o punto de que, a candidatura que encabeza Xulio Ferreiro ten garantidos os cinco primeiros postos da lista nas primarias que van ter. Chegaron a tal obsesión por controlar a Marea, que aprobaron a barbaridade de que non se pode presentar nas primarias calquera persoa que tivera un cargo público antes do 2015.

Ferrol en Común é un apéndice de Esquerda Unida e Compostela Aberta, nunha Asemblea de só 36 persoas, co voto de 32, decidiu apoiar a táctica de acoso e derrubo contra Luís Villares e a Coordinadora de En Marea que leva Anova desde hai dous anos, utilizando esta vez como impulsor a Martiño Noriega, táctica que ademais de fracasar estrepitosamente, estálle producindo un tremendo custe interno porque alonxaronse de Anova moitas persoas valiosas  e construtivas que están en total desacordo ca liña actual de Anova ata o punto que varias persoas de Anova ían na candidatura liderada por Luís Villares, e ademais estalle a producir un tremendo custe externo xa que está en terreo de ninguén e dependendo de Podemos e Esquerda Unida que teñen claro que, no peor dos casos, van como Unidos Podemos.

E qué se pode dicir de Podemos Galicia?. Que é un partido importante, necesario, e que fracasou espectacularmente a idea do equipo de Pablo Iglesias de facerse co control de En Marea, tarefa que lle encargaron executar a Antón Gómez Reino, xa que lograron que se inscribiran en En Marea  despois do Plenario varios centenares de persoas de Podemos pero que moitas delas non votaron, despois de que o responsable legal do censo de En Marea diante da Axencia Española de Protección de Datos -Gonzalo Rodríguez- non poido entrar no censo un día enteiro porque tres persoas do Comité Electoral entraron ilicitamente no Censo e cambiaron a contrasinal ademais de facer outras cousas irregulares.

Hai que facer constar algo importante. A candidatura “Coidando a casa” liderada por Luís Villares incluía a cinco persoas de Podemos o que significa que un bo número de persoas de Podemos votaron en conciencia, sen facerlle caso á Dirección de Podemos.

Dirección de Podemos que para desviar o seu espectacular fracaso, saca un comunicado difamador, baseándose nunha pseudoauditoría porque non se pode auditar nada si non se entra no sistema de votación,

Qué dicir de Esquerda Unida?. Que o seu futuro depende moito da alianza con Podemos Galicia.

ENTON, CAL ERA O VERDADEIRO PROBLEMA INTERNO DE EN MAREA?

Que había unha loita entre dous modelos.

Por unha banda o modelo hiperpartidista de poñer ao partido por riba de todo, e que fundamentalmente queren unha Coalición onde as cúpulas deciden e acabouse.

Por outra banda o modelo democrático de participación que xurdiu nos anos 2014-2015-2016.

Os resultados son sabidos. E son espectaculares. Un so grupo liderado por un gran Luís Villares, o resto da Coordinadora e a maioría do Consello das Mareas, e apoiado por 1.600 persoas, gañamoslle a seis grupos que só sacaron 1100 votos.

E todo isto, a pesares de que Podemos, Anova e Esquerda Unida cobran máis dun millón de euros anuais cando se presentaron como Coalición nas Xerais que lles permite ter decenas de persoas liberadas, ao contrario que En Marea que non ten nen un.

Pero non só trunfou a democrácia. Trunfou algo que en política non existe. A Ética. Si xa o vivido con Paula Quinteiro foi un exemplar modelo de Ética. Que si decimos que queremos cambiar á Sociedade, tal como dixo Luís Villares, somos nós @s primeir@s obligad@s en dar o exemplo.

O que ocorreu co censo foi tan grave, que bastantes persoas que apoiaban á outra candidatura decidiron non apoiar co seu voto a quen é capaz de todo con tal de gañar. Aí trunfou a ética tamén.

E AGORA QUE?

Pois agora En Marea depende de sí mesma. E agora poderase traballar con menores obstáculos internos o que conleva un mellor traballo cara á Sociedade.

Todas as persoas que apoiamos a liña liderada por Luís Villares estabamos fart@s de sair nos medios de comunicación polo sistematico bombardeo dos grupos destrutores.

Loxicamente seguirá habendo problemas porque a fin de contas movémonos cara a un electorado con moitos puntos en común, electorado que loxicamente gran parte de él, alonxouse de En Marea porque parecía que só pelexabamonos entre nós, e agora pase o que pase, hai unha En Marea afortalada, coesionada, soberana, democrática e combativa nucleada en torno a un gran líder que fará todo o posible para lograr que nas Eleccións Galegas do 2020, Galicia poda ser gobernada por unha Xunta progresista que priorize o público sobre o privado nos temas sociais, e axude a algo que dise pouco en política. Que nos axude a ser máis felices.

EN MAREA inicia unha nova fase, e a primeira proba son unhas Xornadas sobre a Vivenda que se divide en dúas fases. Nas primeiras Xornadas deste sábado 12 falan persoas expertas no tema, e proximamente haberá as segundas Xornadas nas cales as persoas protagonistas serán as persoas afectadas e as Plataformas contra os desafiuzamentos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.