Esquerda Unida rexeita o ERE de Vodafone e esixe “máis implicación ao sector das telecomunicacións a prol dun emprego digno e con dereitos”

Esquerda Unida manifesta o seu total rexeitamento ao ERE que pretende levar a cabo Vodafone e reclama máis implicación ao sector das telecomunicacións co emprego cualificado, digno e con máximas garantías laborais. De saír adiante, este ERE afectaría a unhas 1.200 persoas en todo o Estado, case un 24% do persoal total da empresa. Vodafone ten unhas 180 persoas contratadas en Galicia, unhas 120 en Vigo e, o resto, na Coruña

O responsable de Estratexias para o Conflito de Esquerda Unida, Guillermo Crego, sinala que “non se entende que unha empresa que di ser líder no seu sector vexa como única solución empresarial o recorte das condicións laborais do seu persoal”. Neste senso, “manifestamos tamén unha gran preocupación polas condicións laborais de precarización das empregadas/os que seguen a traballar alí, así como do resto de compañías do sector das telecomunicacións que operan no noso país”, explica Crego.

Dende Esquerda Unida sinalamos que Vodafone non é máis que un reflexo indicativo do que vén ocorrer no sector das telecomunicacións. Segundo os datos da Comisión Nacional dos Mercados e da Compotencia, os empregos directos neste sector pasaron de 96.105 persoas no ano 1998 a 58.700 no 2018. “Ademais desta perda do número de traballadores, os empregos son cada vez máis precarios e usan fórmulas perversas como falsos autónomos, así como o uso de subcontratas nos servizos, o que fai que persoas que fan as mesmas tarefas teñan condicións laborais e salariais desiguais.

A iniciativa, no Congreso

O coordinador federal de Izquierda Unida, Alberto Garzón, vén de rexistrar no Congreso unha batería de preguntas dirixida ao Goberno de Pedro Sánchez para que detalle por escrito se “pensa tomar algunha medida para evitar unha nova sangría de emprego en Vodafone España”. En 2013 xa se produciu un despedimento colectivo de algo máis de 600 traballadoras e traballadores, en 2015, o persoal sufriu outra nova desaparición de 1.500 empregos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.