Feijóo: “A sabedoría de Manuel Sánchez Salorio non precisa aliños nin adornos exhibicionistas”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, gabou hoxe a capacidade de Manuel Sánchez Salorio para, a través de “La Lección del sábado” buscar pontes e vencellos, “unha tarefa que nos obriga a todos”, dixo, nun momento no que a fragmentación semella ser o signo do mundo de hoxe.

Durante o acto de presentación, Feijóo subliñou que o libro recolle artigos, comentarios e apuntes que conteñen olladas cheas de curiosidade que non parten de ningún dogma previo. “Hai nelas sorpresa, ironía, humor, en ocasións desconcerto, pero sempre un respecto sincero polas complexidades do ser humano, que seguramente procede do exercicio da medicina e da docencia”, dixo.

Así mesmo, aseverou que, ao igual que na gran maioría dos pensadores que deu Galicia hai unha solemnidade que converte o lector nun amigo co cal se conversa desde as páxinas escritas. “A sabedoría de Manuel Sánchez Salorio non precisa aliños nin adornos exhibicionistas. Por iso pode despregarse nunha cátedra, nunha consulta, nun libro e tamén nunha tertulia”, concluíu.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.