Feijóo destaca os valores dos 195 medallistas galegos “como inspiración para os deportistas máis novos”

Asevera que para seguir sumando vitorias, os deportistas contarán co apoio da Xunta, destacando as 200 axudas xa resoltas para deportistas galegos de alto nivel

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe os valores dos 195 medallistas galegos como inspiración para os deportistas máis novos. “Estamos a falar de 353 medallas internacionais, 126 delas de ouro; e de 353 veces nas cales toda Galicia compartiu o orgullo de conseguir todas esas vitorias e de ser os mellores en medio cento de especialidades deportivas”, dixo.

Durante o acto de recepción aos campións en competicións internacionais nos anos 2017 e 2018, Feijóo aseverou que para seguir sumando vitorias, os deportistas contarán co apoio da Xunta, destacando as 200 axudas xa resoltas para deportistas galegos de alto nivel. En total, preto de 350.000 euros que se suman ao resto do orzamento que se pon á disposición do deporte galego.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta enxalzou o esforzo, a capacidade de superación e os éxitos acadados por todos eles, froito tamén do traballo e a vocación dos técnicos, dos adestradores, dos clubs, das federacións e das familias que os apoian.

Así mesmo, incidiu en que todos eles son o maior incentivo para o deporte de base, “porque ademais de levar a bandeira galega polo mundo enteiro, abandeirades tamén os valores que a nosa xuventude debe seguir”, dixo, ao que engadiu que a aposta polo deporte e a actividade física é xa unha aposta por transformar a sociedade.

“Grazas por ensinarnos cada día a soñar, devecer, sorprendernos e crer”, concluíu o responsable do Executivo autonómico.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.