Galicia abre as portas a fin de semana aos visitantes de fitur con CATAS COMENTADAS, obradoiros de xoiería e cultura galega

A actividade promocional de Galicia na Feira Internacional de Turismo Fitur continúa durante toda esta fin de semana. Despois de tres días de intensa actividade profesional con máis de 40 actos de presentación de destinos e novidades turísticas, hoxe sábado e mañá domingo o público xeral que se achegue a Fitur poderá coñecer ao completo a oferta turística galega para este 2019.

O expositor de Galicia mantén abertas as súas portas para amosar o mellor de si mesma a través de diversas actividades coa enogastronomía, a artesanía, o Camiño de Santiago e a música e o teatro galegos como protagonistas. Os visitantes poden recibir no expositor, e como novidade este ano, información específica dos cascos históricos de Galicia, das opcións de turismo de mergullo, así como dos establecementos Q de Calidade, da Ruta Xacobea, da natureza, gastronomía, festas, experiencias, da Cidade da Cultura de Galicia, das catro provincias cos seus correspondentes xeodestinos, das sete cidades, do mundo náutico e dos produtos do Clúster Turismo de Galicia, entre outros.

Photocall do Camiño

Ademais, os visitantes de Fitur poderán participar no expositor de Comunidade galega durante toda a fin de semana en diferentes catas comentadas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas, así como de exhibicións de Artesanía de Galicia que este ano inclúen como novidade unha mostra en vivo dun obradoiro de xoiería.

Tamén se levarán a cabo diferentes actividades culturais de raíz galega que incluirán actuacións de baile, canto e actuacións con instrumentos musicais tradicionais, así como espectáculos teatralizados. A proposta galega da fin de semana en Fitur complétaa un photocall do Camiño de Santiago. O expositor de Galicia está situado no pavillón 9, ocupando as parcelas 9C07 e 9C09. O horario de acceso ao recinto é de 10,00 a 20,00 horas o sábado, e de 10,00 a 18,00 horas o domingo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − 10 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.