María José Gómez Rodríguez, nova xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Lugo

María José Gomez Rodríguez é a nova xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Lugo, unha responsabilidade de nova creación logo da modificación da estrutura orgánica da Xunta pola que se fusionan nunha soa consellería a xestión dos asuntos relacionados coa cultura e o turismo

Así o deu a coñecer esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen explicou que María José Gómez xa formaba parte do equipo de traballo da Delegación territorial neste caso, como  xefa do servizo de Coordinación Cultural.

Profesora de secundaria, é doutorada en Humanidades e licenciada en Filoloxía inglesa. Esta veciña do municipio lucense de Guntín, exerce tamén como tenente de alcalde neste concello desde o ano 2015, tras a constitución da corporación actual.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.