O Atletismo Femino Celta e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes, vencedores da XV Copa de Pista Cuberta de Atletismo

Atletismo Femenino Celta con 79 puntos e Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 88 p. proclamáronse no día de hoxe campións da XV Copa de Galicia de pista cuberta que se desenvolvería nas instalacións cubertas de Expourense baixo un gran ambente deportivo.

Unha vez máis o equipo masculino pontevedrés revalidaría o título copeiro que leva gañando nas últimas cinco edicións ó mesmo que as atletas do Celta Feminino que de igual modo, repiten título por cuarta vez consecutiva.

Xunto ós campións masculinos, estarían ocupando postos de podio o Atletismo Narón con 72,5 puntos e o Atletismo Santiago con 68 p., sendo a Sociedad Gimnástica con 78 p. e o Ría Ferrol con 72,5 p. os que farían o propio na categoría feminina.

A tónica dominante sería o gran ambente nas bancadas e a loita mantida na pista polos equipos participantes que estarían pelexando ata a última proba do encontro. Como mostra desa gran igualdade na categoría feminina, a copa decidiríase por tan só un punto de diferencia.

Compre salientar o trunfo feminino celeste logo do abandono por lesión na proba dos 800 m. da atleta Ruth Carrera que faría sumar cero puntos a formación que preside Paula Mariño. Non menos meritorio sería tamén por parte viguesa pero masculina, a súa remontada ata casi rozar o podio malia a descalificación de David Ngwudile nos 200 m. e na que o Atletismo Santiago non deixaría pasar a oportunidade de seguir facendo historia e medrando no deportivo ó facerse ca terceira praza.

Por parte do equipo pontevedrés os trunfos parciais virían da man de Carlos Porto sobre os 1.500 m. con 4:04.58, Joao Alexandre Riveiro nos 60 m. valos con 8.31, David Ferrer en lonxitude con 6.85 m, Santi Ferrer en pértega con 4.50 m., Victor Gallego e peso con 15.93 m. así como a proba de relevos que sería gañada cun rexistro de 4:37.74

No tocante ó Atletismo feminino Celta as súas victorias virían da man de Alice Marie Genevieve Finot nos 1.500 cun excelenre rexistro de 4:18.09, Elvira Okutu en lonxitude con 5.12 m., Eva Queimaño en altura 1.56 m., Bea Viteri en pértega con 3.41 m. e equipo de relevos con 5:29.55

CADRO VENCEDORES PROBA

MARCA ATLETA CLUB PROBA MARCA ATLETA CLUB
6.97 JAVIER GARCIA FERNANDEZ NARON 60 7.79 NEREA IGLESIAS BARBAZAN RIA
22.58 JAVIER GARCIA SANCHEZ NARON 200 26.00 XIANA GONZALEZ ESTEVEZ SGP
50.62 ELIAN N. LOPEZ IGLESIAS LUCUS 400 58.02 INES OITAVEN PASCUAL RZC
2.00.60 YERAY GOMEZ VILAR NARON 800 2.18.22 PAULA IGLEISAS GARNELO RZC
4.04.58 CARLOS PORTO PAZOS SGP 1500 4.18.09 ALICE M. GENEVIEVE FINOT AFC
8.30.90 JORGE PUIG MALVAR CA STGO. 3000 10.13.73 IRIA RODRIGUEZ HUERTAS SGP
8.31 JOAO A. RIBEIRO FONTENLA SGP 60 V 9.07 UXIA PEREZ ALONSO EAL
1,95 ADOLFO SAINZ‐MAZA VILLAR RCC ALTURA 1,56 EVA QUEIMAÑO VILABOY AFC
4,50 SANTIAGO FERRER ALONSO SGP PERTEGA 3,41 BEATRIZ VITERI BOUSO AFC
6,85 DAVID FERRER FERNANDEZ SGP LONXITUD 5,12 ELVIRA OKUTU KOELETIO AFC
14,66 ALBERTO ELENA CORBAL RCC TRIPLE 11,49 TANIA VALVERDE GONZALEZ RIA
15,93 VICTOR GALLEGO BERNARDEZ SGP PESO 12,70 CRISTINA TREJO LAO ADAS
4.37.74 SOC. GIMNASTICA PONTEVEDRA SGP REL.4+3+2+1 5.29.55 ATLETISMO FEMENINO CELTA AFC

 

HOMES MULLERES
1 88 SOC. GIMNASTICA PONTEVEDRA SGP 79 ATLETISMO FEMENINO CELTA AFC
2 72,5 ATLETISMO NARON NARON 78 SOC. GIMNASTICA PONTEVEDRA SGP
3 68 CA SANTIAGO CA STGO. 72,5 RAI FERROL RIA
4 66,5 RC. CELTA ATLETISMO RCC 58 ESCOLA ATLETICA LUCENSE EAL
5 55 LUCUS CAIXA RURAL LUCUS 57 ADAS Proinor ADAS
6 50 ESCOLA ATLETICA LUCENSE EAL 53,5 Riazor Coruña RZC
7 36,5 OURENSE ATLETISMO OURENSE 35 OURENSE ATLETISMO OURENSE
8 28,5 AGRUP.VIGUESA ATELTISMO AVA 30 LUCUS CAIXA RURAL LUCUS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.