O “defecto” de saber línguas. Por @DulceCorcu

No Partido Popular acaban de presentarnos a súa candidata á alcaldía de Valencia para as elecións desta primaveira, e vén sendo a actual deputada de Les Corts, María José Catalá, que xa se amosou orgullosa e agradecida da confianza depositada nela para tal empresa. E sobre todo, invocando á finada Rita Barberá e a herdanza por ela deixada cando ocupaba ese mesmo posto, incluídas as imputacións a todos os concelleiros populares, amén de ex concelleiros e asesores polo caso Imelsa, ese asunto onde unha empresa pantalla dun amigo dun amigo, xa sabedes, facturaba á empresa pública traballos que non se facían pero que se cobraban. Auténtica herdanza de patriotas españois.

Co gallo do seu nomeamento, as hemerotecas recuperaron unhas declaracións de María José Catalá onde se desculpaba preventivamente por se nalgún momento poñíase a falar en valencià, argüíndo que era a súa língua materna e que tiña o “defecto” de falala. Porque sí, nas mentes perversas da xente acomplexada, atópase defectuoso falar con naturalidade unha das línguas, por outra parte, oficiais da túa Comunidade Autónoma. Ser bilngüe é motivo de desculpa na mesma Valencia, non vaia ser que os posibles votantes do seu partido a confundan con alguén de Compromís, que falan no que lles peta e nunca os viron desculparse por nada. Unha candidata do PP do único que ten que presumir é de patriota española, e iso leva aparellado falar única e exclusivamente na língua do Imperio, que para algo andiveron por aí Hernán Cortés ou Pizarro impoñéndoa mentres se xogaban o pelexo contra os desnaturalizados indios que non vían defecto ningún no que falaban eles.
Á flamante candidata só lle falta flaxelarse diante da concurrencia que a escoita, avergonzada por non ser pura e perfecta, sen ese instinto natural que a leva por onde a educaron, na língua dos seus devanceiros, esa primeira que lle serveu de berce e que agora só é un incordio que hai que agochar. Que ninguén saiba que ten esa manía de voltar á infancia a través da súa língua, adquirida sen esforzo porque chegou coma os bicos e as apertas, co doce sabor do familiar, do coñecido. E tamén do querido e aprezado. Pero agora vivimos tempos onde hai que desculparse por saber, e hai que presumir da herdanza de Rita Barberá pero non da teu avó ou túa nai, que quizais non dean creto ao enterarse de que o transmitían a súa rapariga non era a língua do seu país, senón un defecto conxénito co que agora ten que vivir e polo que ten que axeonllarse suplicando perdón. Arrepía ver a María José Catalá humillarse por algo do que debería sentir orgullo e afecto, ata ese punto chegan as fobias a todo o que non sexa español. É un mal endémico que temos que combater para que non desaparezan as línguas nas que medramos e nas que vivimos con amor. O único defecto é xusto o contrario.

También te puede interesar...

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.