Ourense en Común denuncia o “descarado absentismo” da edil de Facenda e Contratación. “Logo de tres anos sen orzamentos agora opta por agocharse para non dar explicacións”

No despacho da edil do PP segue pendente a redacción duns orzamentos municipais, ateiganse contratos en precario, débedas no pago a proveedores e incontables retrasos na rendición de contas. Ana Morenza leva máis dun mes sen comparecer nas xuntas semanais das áreas das que é responsable

Ourense en Común sinalaba esta mañá a gravidade das reiteradas ausencias da responsable das áreas económicas do Concello de Ourense, Ana Morenza, que desde o pasado 11 de decembro non comparece en xuntas de área.

Desde o grupo apuntan á “clamorosa ineptitude” da edil popular, que logo de máis de tres anos á fronte das áreas de Facenda e Contratación, “levou a contabilidade municipal a unha viaxe sen rumbo, sen orzamentos e chea de débedas que van repercutir no peto de todas as veciñas”.

Martiño Xosé Vázquez, voceiro de Ourense en Común, sinala que “agochándose, Ana Morenza quere repercutir nos grupos da oposición a sua incapacidade, e obstruír o labor de fiscalización da oposición. As súas áreas están totalmente colapsadas e desatendidas, pero non rende contas, para que non poidamos saber o porqué. A falta de transparencia xa é total, con todo”.

Desde o grupo extenden a denuncia da “opacidade e pasotismo coas responsabilidades” a todo o equipo de goberno de Jesús Vázquez, ao que cualifican como “o peor alcalde da historia de Ourense”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + once =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.