R, patrocinador do Deportivo de LaLiga Genuine durante dúas tempadas

Tino Fernández, Presidente do Real Club Deportivo da Coruña e máis Alfredo Ramos, Director Xeral de R, anunciaron esta mañá nas instalacións do Club no Estadio Abanca-Riazor o patrocinio de R ao Deportivo de LaLiga Genuine.
Co devandito acordo, o operador galego convértese, durante as tempadas 2018-19 e 2019- 20, en patrocinador deste conxunto do Deportivo que xoga na competición de equipos do colectivo DI (persoas con Discapacidade Intelectual) organizada por LaLiga.
Presenza de marca durante dúas tempadas
A marca do operador galego estará presente, ao longo de ambas as dúas tempadas, en todos os partidos amigables ou oficiais que xogue o Deportivo de LaLiga Genuine, organizados polo Real Club Deportivo ou pola Fundación do Club, na Cidade Deportiva de
Abegondo,  e tamén nos adestramentos nese campo e na Cidade Deportiva da Torre de Hércules na Coruña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.