Resposta do PACs en pé de guerra ante a oferta de diálogo do Sergas

Alegranos oír que seguen abertos a alcanzar un acordo cos traballadores dos PAC,  aínda  que  sexa a través da prensa. Esperamos que pronto convoquen o comité de folga para chegar a unha solución definitiva , como todos desexamos.

En canto á súa última proposta, decirlles que xa foi rexeitada polos traballadores por ser insuficiente, e por se non lles quedaron claros os motivos imos explicalos punto por punto  para  que o entendan :

  1. No tema da manuntención, ofertar pagar dúas comidas nas xornadas de 24 horas nos lugares onde non se fai , máis que unha oferta, é unha disfunción que debería terse solventado no mesmo momento no que se tivo coñecemento dela, e non casi un ano despois dentro dunha negociación
  2. Equipos de protección, que nos den un traxe igual para todos ( cando se acabe o stock das distintas xerencias) non significa que se cumpra coa normativa. Fagan un estudo de prevención de riscos laborais e que sexan os expertos os que definan que precisamos, en que cantidade, e por suposto ,incluir o personal eventual e en formación.
  3. En canto a neutralidade de permisos , non comprendemos como aplicando os mesmos criterios, incluido o aplicativo de liquidación, poden falar de neutralidade, pois somos dos poucos traballadores, por non decir os únicos, nos que na nosa xornada de traballo xeramos horas ordinarias e horas extraordinarias ou complemetarias ,como lles gusta máis chamalas, ( que non son contabilizas no caso de baixas e permisos) e que estamos dispoñibles os 365 días do ano , sin haber firmado ningun tipo de
  4. vincular a derivación a productividade , non deixa de ser unha irresponsabilidade de cara os doentes, e unha falta de respeto o traballo e o criterio dos profesionais. Celebramos que houberan recapacitado ó
  5.  Xa vemos que no resto de reinvidicacións nin tan siquera entraron a facer proposta, como é o  caso de seguir conxelado o 20% dos nosos complementos de nocturnidade e festividade , polo que parece” un grande desembolso”, mentras gastan máis en publicidade ou en aparataxe inútil

Xa nin falamos da dotación de personal ( dous o máís equipos según as necesidades de cada centro , equipos completos (medicina/ enfermería)) con que axustalo a demanda de cada lugar e minimizar o tempo no que os centros quedan sen personal  sanitario.  Lémbrolle a  falsa seguridade do control  do 061 , cuxos “efectivos na zona” somos nós mesmos.

Xa saben sr. Conselleiro / director Xeral do Sergas , nós somos os primeiros interesados en solventar a situación, mañá mesmo poñemos traballar na saida o conflito, só teñen que convocar ó comité de folga , vir con gañas de solución e propostas axeitadas. Se non seguiremos en pé de guerra.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis + 18 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.