Valadouro aproba por unanimidade a moción da Plataforma Sanitaria da Mariña que demanda Pediatría de calidade

No pleno ordinario celebrado onte no concello de Valadouro, a moción rexistrada dous días antes pola Plataforma  Sanitaria foi tratada de urxencia e aprobada por unanimidade. Desde este colectivo queremos parabenizar a todos os grupos políticos que conforman a Corporación  por este solidario xesto para coas veciñas e veciños da Mariña.

A petición do tenente de alcalde, e coa conformidade da totalidade d@s membr@s da Corporación, a moción foi defendida pola coordinadora da Plataforma, Montse Porteiro , quen  desexa agradecer no nome do colectivo, a tod@s e cada un dos grupos políticos da Corporación Municipal do Valadouro  “a deferencia que tiveron con nós ao permitirnos defender a moción”.

Ao finalizar o pleno municipal o grupo de goberno quixo mercar unhas camisetas solidarias da Plataforma e mesmo accederon a fotografiarse con elas postas. Cada día que pasa ” estas camisetas que fixemos pensando nas mobilizacións , para  que toda a Mariña  as luza unánime e masivamente reflectindo así o sentir dunha comarca,teñen máis aceptación”- comentan desde o colectivo sanitario.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.