Xunta e a Asociación Érguete analizan proxectos de colaboración conxuntos

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, mantiveron unha xuntanza coa presidenta da Asociación Érguete, onde analizaron proxectos de cooperación conxunta.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda anunciou á presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, a renovación da colaboración da Xunta co programa de Formación e Integración Social da entidade, cun importe de 50.000 euros. O programa de intervención socioeducativa está destinado a persoas en terceiro grao, en segundo grao na modalidade do artigo 100.2, liberdade condicional, medidas alternativas a prisión, ou suspensións de condena; e por outro lado, a menores con problemas de conduta e/ou consumo ou con medidas xudiciais.

Alfonso Rueda destacou que a Xunta aposta por impulsar alternativas á cadea que en determinadas condutas dan resultados máis eficaces e poden garantir unha mellor rehabilitación, xa que no caso de persoas que sufriron penas privativas de liberdade hai que propiciar a súa reinserción social, e traballar para facer comprender á sociedade que é responsable de apoiar medidas coma a reinserción e integrar a estas persoas novamente á sociedade.

Máis de 150.000 euros para mellorar servizos

A conselleira de Política Social, Fabiola García, salientou o firme apoio do Goberno galego tanto cos servizos que ten como cos programas que pon en marcha Érguete para xerar oportunidades e prestar servizos ás persoas e familias afectadas por condutas aditivas. Un apoio que se plasma nos máis de 150.000 euros que se lle concederon o pasado ano, dos cales preto de 83.000 euros foron á Fundación e en torno a de 73.000 euros á Asociación.

Con estas achegas a Asociación Érguete pode mellorar o funcionamento dos centros de apoio social, así como adquirir diferente material e equipamento, entre outras cousas. Pola súa banda, a Fundación emprega o importe recibido pola Consellería de Política Social para desenvolver diferentes programas e actividades que procuran a inserción sociolaboral de persoas con problemas de drogadicción ou en risco de exclusión.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.