Revista Futbol Feminino Febreiro 2019 

Hai momentos na vida das persoas, dos colectivos, dos países, que se volven transcendentes porque neles está a piques de facerse historia.

A segunda fin de semana de febreiro ten esas connotacións coas irmandiñas de base. Santa Isabel vai ser o escenario dun momento importante para o noso fútbol feminino porque as seleccións sub’17 e sub’15 poden repetir o realizado pola sub’18 e sub’16 na temporada 2019/10: clasificárense para as semifinais do Campionato de España nas dúas categorías.

Até aí sería igualar o noso tope conxunto e abrir a porta ao corredor dos soños. Desde a última vez que unha irmandiña se clasificara para a fase final, concretamente a sub’16 de Manolo Petaca na 2014/15, Galiza pasou un ciclo con xogadoras que elevaron o nivel do noso fútbol, pero que perderon a oportunidade de facer algo grande coa branco e celeste. Tal vez aínda esteamos no tempo de ver algo grande. Febreiro é un mes de moitas reunións federativas para o fútbol feminino. Unhas teñen que ver co reparto de subvencións que fai a RFEF entre as súas territoriais e outras con aspectos competitivos. Decembro foi o paso de ecuador das nosas competicións e un mes despois os equipos
que se fixeron fortes na cabeza das táboas manteñen ese poder.

Nesta ocasión detémonos nos catro campións de inverno da Segunda División Galega para ir coñecendo as súas virtudes e os seus defectos, a estatística dos seus planteis e as que encabezan as táboas de goleadoras e porteiras de cada un dos catro grupos. A Segunda División Galega tamén existe e as súas xogadoras tamén son importantes.
Se ao comezo falabamos de facer historia, tan importante como facela é escribila. Desde o
comezo, unha das teimas desta publicación é axudar á creación da cultura do fútbol feminino.
Así, conxuntamente coa revista O DEZ, tiñamos a idea de narrar o que foi o rexurdimento acontecido no sur do país nos anos noventa. Xa estamos na parte final dun proxecto, que co apoio de diferentes concellos pontevedreses, verá a luz na Guarda o 14 de marzo.
Carlos Castro.

Revista FF. Febreiro 2019 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.