A confraría galaico-asturiana Gastrónomos del Yumay concede un dos premios “Comensal de honra Álvaro Cunqueiro” ao lucense Víctor Vázquez Portomeñe

A confraría galaico-asturiana Gastrónomos del Yumay farán entrega o vindeiro luns 11 de febreiro en Avilés (Asturias) dos premios “Comensal de honra Álvaro Cunqueiro” que nesta ocasión recoñecen ao lucense Victor Vázquez Portomeñe.

Este recoñecemento busca premiar a quen foi conselleiro en varios gobernos da Xunta de Galicia e un dos promotores do Xacobeo e polo tanto, impulsor da auxe que desde aquela data teñen os Camiños de Santiago, patrimonio da Humanidade. De feito a figura de Vázquez Portomeñe será glosada por Xesús Palmou, tamén ex conselleiro da Xunta e actual presidente da Academia Xacobea.

A cita, de periodicidade anual, coincide coa celebración por parte do restaurante sidraría Yumay (Avilés) das xornadas gastronómicas dedicadas ao polbo á feira, que tamén levan o nome de Cunqueiro, escritor mindoniense e especialista en gastronomía.

O colectivo tamén ten previsto outorgar a condición de comensal de honra a Vicente Bravo, coronel de Infantería e delegado de defensa en Asturias, e o Dr. Miguel Pocoví, catedrático de bioquímica da Universidade de Zaragoza.

Os Gastrónomos do Yumay xa premiaron en anteriores edicións a varios lucenses como o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez ou a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, entre outros.

Os premios entregaranse o luns 11 de febreiro ás 14.30 horas, no propio restaurante, nunha cerimonia na que participará o presidente de Gastrónomos do Yumay, Justo García Castrillón e o coordinador Carlos Guardado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.