Acampa pola paz e o dereito a refuxio celebrarase este 2019 simultaneamente en A Coruña, Madrid e mais Sao Paulo (Brasil)

A capital de España súmase ao proxecto da Rede Acampa e montará a súa primeira edición os días 22 e 23 de xuño. Outro tanto Piracicaba, no estado brasileiro de Sao Paulo, se ben non será nesas datas. A Coruña, pola súa banda, inaugurará o 21 de xuño (un día antes que Madrid), a súa terceira Acampa. As tres Acampas terán como eixe e fío condutor o drama das Mulleres Refuxiadas, ao redor de 13 millóns en todo o planeta segundo os cálculos da Axencia da ONU para as Persoas Refuxiadas.

O movemento Acampa crece. Tres anos despois de botarse ás rúas, esta iniciativa coruñesa en prol dun Dereito a Refuxio real e efectivo que abandeira a Rede Acampa terá unha réplica na capital de España. A Madrid engadirase, ademais, a primeira Acampa de fala lusa que, impulsada polo experto en educación ambiental Marcos Sorrentino, profesor e responsable do Laboratorio de Educación e Política Ambiental (método Oca) da Universidade de Sao Paulo, levarase a cabo –entre outras- na cidade de Piracicaba, a 150 quilómetros de Sao Paulo e cunha poboación semellante á da propia área metropolitana coruñesa.

Cada minuto que pasa, 16 mulleres vense obrigadas a fuxir dos seus fogares, sexa a consecuencia dun conflito ou por calquera clase de persecución. Unha muller cada dous segundos. A Axencia da ONU para as Persoas Refuxiadas advirte que, hoxe por hoxe, hai 68,5 millóns de persoas desprazadas á forza, das que un 30% (25,4 millóns) son poboación refuxiada. Xusto a metade pertencen ao sexo feminino: uns 34 millóns. Adultas, novas e rapazas. ACNUR sentenza sen ambaxes: son as máis vulnerables da poboación migrante, e sono polo mero feito de seren mulleres. Sofren máis abusos e maior violencia sexual, teñen menos oportunidades e, por riba, apenas conseguen visibilidade. Exemplifican, en resumo, o drama que se agocha tras o drama: a traxedia de ser persoa sen dereito a refuxio e tamén mulleres.

Os Xardíns de Méndez Núñez serán un ano máis o escenario onde este mes de xuño a Rede Acampa buscará sensibilizar á cidadanía fronte a ese drama global que, ano tras ano, non fai senón empeorar: as migracións forzosas. Este 2019, en particular, porá o acento en visibilizar o calvario que sofren as mulleres migrantes, ese 34 millóns de persoas que cifra ACNUR. Delas, uns 13 millóns son refuxiadas: mulleres desprazadas polo mundo adiante que se ven castigadas dobremente polo seu xénero. Non só perden o seu fogar e se ven obrigadas a fuxir da casa o do seu país sen que ningún Estado lles conceda o Dereito a Refuxio, é que polo camiño son abusadas, violadas e/ou escravizadas, cando non asasinadas.

A Rede Acampa montará tamén en esta terceira edición (21-23 de xuño) un campo de persoas refuxiadas, aínda que nesta ocasión reproducido especificamente para amosar as dificultades que enfrontan as mulleres desprazadas para desenvolver acotío labores –en principio- tan sinxelas como coidar a súa hixiene, cociñar, aleitar os seus bebés ou mudalo de cueiro.

Por su parte, la ciudad brasileña de Piracicaba, de 400.000 habitantes, será una de las sedes de la primera Acampa lusa que impulsa desde Sao Paulo el exalto cargo de Medio Ambiente Marcos Sorrentino, profesor universitario y biólogo

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.