Alerta laranxa por un temporal costeiro e de vento  que dará comezo esta noite nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta noite esperase alerta laranxa no litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña con vento do suroeste  de forza 8 e mar combinada entre 5-6 metros. Esperase tamén vento no noroeste da provincia da Coruña e na Mariña lucense con refachos que poden acadar os 100 qm/h.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.