Balseiro subliña que os Campionatos de Baristas de Foz son “unha plataforma para os alumnos e os profesionais” do sector

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación da duodécima edición do Campionato  Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e a sétima edición dos Campionatos Internacionais de Baristas Profesionais e de Cata de Cafés das Escolas de Hostalería, que se celebrarán no Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz entre os vindeiros días 13 e 15 de febreiro

Balseiro sinalou que estes campionatos “son un referente en todo o Estado” e “unha plataforma para os alumnos e profesionais do sector do café de cara á súa proxección no mercado laboral”. Neste sentido, explicou que estes eventos poñen en evidencia que “a calidade está en relación directa coa formación e a profesionalidade”, o que significa que “se baseamos a nosa oferta turística na calidade, temos que confiar nos profesionais en todos os ámbitos, tamén no da hostalería e a restauración”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.