Compromiso por Galicia presenta a Tino Iglesias, cabeza de cartel nas municipais en Ourense

Para Tino Iglesias, Ourense non pode seguir mendigando as sobras e ten que ter a forza política necesaria para atraer inversións e xerar emprego, unha das cuestións pendentes e que non souberon resolver nen os gobernos da Xunta, nin do Estado, nos últimos 30 anos, nos que Ourense pasou a formar parte das rexións mais pobres ao que temos que sumar o problema gravisimo do avellentamento poboacional.

“Compromiso por Galicia representa a seriedade na política, somos un valor que significa a creación de riqueza e postos de traballo e vimos con moitas ganas para resolver a situación política que vive Ourense”

Ante os centos de persoas que acudiron ao acto en Expourense, Tino Iglesias trasladou as liñas fundamentais do seu programa para Ourense, centrando o seu discurso na necesidade e na urxencia que ten a cidade de xestionar, primeiramente, ben moitos dos seus recursos; hoxe en dia perdidos nun Concello de Ourense que é un auténtico desastre. Asi apuntou para as melloras necesarias das concesions municipais como a do lixo e o transporte urbano ou o problema do PXOUM que pola sua inexistencia ten paralizada a actividade económica e o crecemento da cidade.

Ourense ten unha identidade propia, Ourense é algo diferente, temos que ter certa autonomia para nós decidir e non mendigar en Santiago ou en Madrid; non podemos estar amordazados por Santiago ou por Madrid”

Un dos problemas que ata agora ten sufrido Ourense; anota o candidato galeguista; é o seu servilismo, tanto a Santiago como a Madrid, onde ningún dos nosos representantes políticos no pasado ten posto enriba da mesa o peso político específico de Ourense. Para Tino Iglesias as décadas de gobernos maioritarios na deputación provincial, por exemplo, non teñen servido para que Ourense conte á hora de atraer investimentos e mellorar con eles a calidade de vida das xentes de Ourense.

O SECRETARIO XERAL GALEGUISTA, PIÑEIRO DOCAMPO, SINALOU A NECESIDADE VITAL PARA A SOBREVIVENCIA DE OURENSE DAS CONEXIÓNS POR AUTOESTRADA CON PONFERRADA E LUGO.

No acto de presentación estivo tamén unha nutrida representación da Executiva Nacional dos galeguistas, encabezada polo seu Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, o cal non deixou pasar a ocasión para reclamar mais peso para Ourense como centro da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal e reclamar a construcción das conexións por autoestrada Ourense-Lugo e Ourense-Ponferrada, vitais para o lanzamento económico de Ourense, que na actualidade, figura na cola das rexións mais pobres e que coas actuais políticas ten un futuro pouco esperanzador.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 − cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.