Convención do Partido Demócrata Europeo en Bilbao

Máis de 150 representantes políticos e institucionais do ‘Foro Europeo’ asistiron a este Congreso do Partido Demócrata Europeo celebrado en Bilbao. Ademais de Bayrou e Rutelli, a presenza de Marielle de Sarnez, presidente da Comisión de Asuntos Exteriores da Asemblea Nacional de Franza; o europarlamentario bávaro Ulrike Muller (Freie Wähler); Victor Ponta, ex primeiro ministro da Romania; Ivo Vajgl, ex ministro de Asuntos Exteriores de Eslovenia; Benoît Lutgen, ministro de Valonia; Lena Elk, ex ministro de Suecia e actualmente parlamentaria no Riksdag; Henrik Lax, antigo membro do Parlamento Europeo e ex candidato presidencial en Finlandia, entre outros. As delegacións de PDeCAT e Compromiso de Galicia tamén estiveron presentes, por unha banda Montserrat Candini e Susanna Rivero, membros da dirección nacional, representarán a formación catalá, e Piñeiro Docampo, noso secretario xeral, representou a Compromiso por Galicia.

A “DECLARACIÓN DE BILBAO” AVANZA UNHA REFUNDACIÓN DA UE NA FORZA DUN “NOVO IMPULSO EUROPEISTA NA BASE DOS VALORES DE RESPECTO POLA DIGNIDADE HUMANA, O ESTADO DE DEREITO, A LIBERDADE, A IGUALDADE, A SOLIDARIEDADE E A RESPONSABILIDADE”.

Segundo o PDE-EDP, a Unión Europea, “ese proxecto único na historia do noso continente, podería dividirse, desintegrarse e ata deixar de existir”. Isto é así porque as persoas foron “excluídas da visión e o destino europeos, e Europa non será posible sen elas”. “Os partidos políticos que dominaron a escena europea durante décadas”, segue a “Declaración de Bilbao”, “non están hoxe en posición de revivir o tremendo impulso europeista que crearon os pais fundadores. Están cansos e son moitos os desenganos producidos: a brecha entre cidadáns e institucións europeas non deixa de aumentar, e as políticas europeas son con demasiada frecuencia insuficientes ou incompletas”. Por iso continua, “chegou o momento de que os Demócratas europeos despeguemos. É noso deber facer que as e os cidadáns compartan o soño europeo que habita entre nós, como portadores de valores de respecto pola dignidade humana, o Estado de dereito, a liberdade, a igualdade, a solidariedade e a responsabilidade”. Segundo o PDE-EDP; só con novos actores poderá a Unión Europea afrontar con enerxías renovadas e garantías de éxito grandes retos como o euro, a política fiscal e económica, os dereitos humanos e sociais, a inmigración ou a defensa común, entre outros. “O desafío é abafador, pero a urxencia está aí, ben á vista. O PDE-EDP está disposto a acometer este desafío. Porque creemos que chegou a hora de reconstruír Europa”, conclúe a “Declaración de Bilbao”.

O galeguismo vai chegar á UE, Compromiso por Galicia saiu reforzado deste Congreso como nunca antes o estivo, nunca antes unha forza política galega participou de xeito activo nestes foros de poder e decisión”.

Piñeiro Docampo, salientou a importancia que para Galicia representa ter un partido político con forza e poder na UE. Compromiso por Galicia é a forza que representa mellor os intereses galegos, sen vasalaxes nen rendicións de contas mais do que ante os galegos e galegas, frente a outros modelos que deben-se a outros centros de decisións alleos para o noso País”

Galicia é unha nación sen estado, os galeguistas queremos unha Europa plena que sexa o noso estado. Galicia é europea, ou non é.”

No discurso lanzado por Piñeiro Docampo, no debate sobre o manifesto das eleccións europeas de 26 de maio de 2019, este alertou sobre a natureza dos fenómenos que alimentan á auxe de partidos como Podemos e as suas confluencias ou Vox, xa que ambos nacen dunha mesma corrente populista e eurófoba.

Unha parte da nosa frota pesqueira, que representa o 3% do noso PIB, vai ser afectada polo Brexit .

O Brexit é un dos temas de debate mais potentes na Unión Europea e que está a marcar moita da axenda e a pesca figura ao final das negociacións, un sector clave para a nosa economia e que desde as eferas políticas centrais do estado español será usado como moeda de cambio noutros sectores onde a negociación é previa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 + 9 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.