@depulugo. Os Monstruiños competirán no Campionato de España de squash

O squash é un deporte cun crecemento significativo nos últimos anos. O club Monstruiños conta con preto de 40 rapaces na súa escola deportiva.

O Goberno da Deputación achega preto de 5.000 euros para gastos de temporada do club e de dúas das súas promesas, campións galegos na categoría Sub 13

o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acudiu a un adestramento do equipo Squash Monstruiños

Os próximos 15, 15 e 17 de febreiro celébrase en Lugo o Campionato de España Sub 11 e Sub 15, nas modalidades masculinas e femininas

Campionato de España

Os próximos días 15, 16 e 17 de febreiro o Pazo Universitario acollerá o Campionato de España de Squash Sub 11 e Sub 15 tanto en categorías femininas como masculinas. Durante o torneo preto de 80 rapaces competirán para acadar os títulos de 2019. Olivia Mon, é a campioa galega sub 13 quedou Sub campioa de España en Sub 11 no ano 2018. Hugo Mon, campión galego sub 15, pola súa banda, intentará mellorar o resultado do ano pasado, no que acadou a quinta praza.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.